Co obxecto de presentarlle información e asesoramento pesonalizado sobre as axudas de internacionalización, (Programa FOEXGA, Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios) poñemos á súa disposición o equipo técnico da área de internacionalización do IGAPE para unha reunión persoal.
Pode solicitar cita para concretar a súa reunión nas cidades de Ferrol, a Coruña, Lugo, Ourense ou Vigo, premendo o enlace.
Xornadas de Atención Personalizada axudas de internacionalización - FEBREIRO e MARZO.
Ferrol: 6 e 18 de febreiro
A Coruña: 11 de febreiro
Santiago de Compostela: 4 e 25 febreiro
Lugo: 1 de marzo
Ourense: 1 e 22 de febreiro
Pontevedra: 27 de febreiro
Vigo: 8, 15, 22 e 28 de febreiro
Como socio do Proxecto ECICII PLUS, o IGAPE colabora na difusión da "Misión inversa de importadores de México", organizada por AEP-Associação Empresarial de Portugal, Câmara de Comércio e Indústria, socio portugués do Proyecto ECICII PLUS.
No marco desta misión inversa, os importadores mexicanos visitarán Galicia os días 20 e 21 de novembro e celebrarán reunións B2B con empresas galegas dos sectores Contract, Agroalimentario e Kis.
As reunións terán lugar na sede da CEP (García Barbón, 104 – C.P. 36201 Vigo - Pontevedra).
En caso de estar interesado en participar nas reunións, pode realizar a inscrición na seguinte enlace:
Máis información: www.eciciiplus.org ou www.cep.es
Esta Misión inversa desenvólvese no marco do proxecto ECICII Plus para a Internacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.