A directora da Antena do IGAPE en México Dna. Adriana Cao, visitará Galicia os próximos días 21 a 25 de xaneiro para participar nunhas xornadas organizadas por IGAPE. Nestas xornadas, a directora da Antena, fará unha presentación de México e as oportunidades de negocio no país azteca, e atenderá as consultas individuais que as empresas participantes desexen formular.
As xornadas terán lugar nas seguintes localizacións e datas:
- Día 21 de xaneiro, en Santiago de Compostela: Edificio IGAPE, Complejo Administrativo s/n. 15703 Santiago de Compostela. [Programa]
- Día 22 de xaneiro, en Lugo: Xunta de Galicia, Edif Adtvo, Ronda da Muralla 70, 27071 Lugo. [Programa]
- Día 23 de xaneiro, en Ourense: Sede da Confederación Empresarial de Ourense, Praza das Damas, 1 32005 Ourense. [Programa]
Nas mesmas xornadas, o IGAPE presentará os seus programas de axuda á internacionalización 2019, subvencións e servizos a disposición das empresas galegas que están no seu proceso de internacionalización.
O xoves pola tarde e o venres todo o día, Adriana Cao poderá facer visitas a algunha das empresas que manifestasen interese.
Inscrición as xornadas e solicitude de entrevista individual coa Directora da Antena de México
Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 981541142
No marco desta misión inversa, os importadores mexicanos visitarán Galicia os días 20 e 21 de novembro e celebrarán reunións B2B con empresas galegas dos sectores Contract, Agroalimentario e Kis.
As reunións terán lugar na sede da CEP (García Barbón, 104 – C.P. 36201 Vigo - Pontevedra).
En caso de estar interesado en participar nas reunións, pode realizar a inscrición na seguinte enlace:
Máis información: www.eciciiplus.org ou www.cep.es
Esta Misión inversa desenvólvese no marco do proxecto ECICII Plus para a Internacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.