IG240 - AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0 (EDICIÓN 2019)
Estas axudas apoian proxectos de implementación de sistemas dixitais das tres tipoloxías seguintes:
[ Ver ficha ]
IG234 - PRÉSTAMOS DO IGAPE EN BENEFICIO DE PEMES E MICROEMPRESAS DE GALICIA (2016)
O Igape poderá financiar mediante préstamos proxectos empresariais de investimento para implantar na Comunidade Autónoma de Galicia.
Este programa finánciase integramente con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia, por considerarse unha prioridade potenciar o acceso ao crédito das pemes galegas, especialmente as de menor dimensión, para acometer proxectos de investimento produtivos no territorio de Galicia, que redundan en definitiva nun maior crecemento e mellora competitiva da rexión.
[ Ver ficha ]
IG204 - BONIFICACIÓN DOS CUSTOS DO FINANCIAMENTO DE PRÉSTAMOS SUPERIORES A 25.000 EUROS (2016)
Bonificación dos custos financeiros das pequenas e medianas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca. APOIO FINANCEIRO ÁS PEMES -
[ Ver ficha ]
IG206 - MICROCRÉDITOS - BONIFICACIÓN DOS CUSTOS DO FINANCIAMENTO DAS MICROEMPRESAS TITULARES DE PRÉSTAMOS INFERIORES A 25.000 EUROS (2016)
Bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.
[ Ver ficha ]
Aberta a nova edición 2017
O obxecto destas bases é a regulación da concesión de premios a un máximo de seis proxectos que inclúan no seu desenvolvemento a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nun grupo de pemes, así como das axudas á devandita implantación para cada peme participante en cada un dos proxectos (máxima intensidade de axuda, ata 1 M€ de axuda por proxecto).
Proxectos ganadores da edición 2016 dos Premios e Axudas a Proxectos Piloto fábrica 4.0: consultar resolución.
A implantación consistirá na incorporación ás empresas de tecnoloxías especiais relacionadas coa Fábrica do Futuro e o concepto Industria 4.0, segundo os termos recollidos na Axenda de Competitividade Industrial, Galicia: Industria 4.0
Prazo aberto ata a derogación expresa da axuda