Capacitar as pemes ante os novos retos
A pandemia mudou o contexto económico e, polo tanto, as empresas necesitan fortalecerse neste novo escenario. Para iso, o Igape ofrece novos servizos dentro do programa Re-acciona. Cunha dotación de 3’6 millóns de euros os novos servizos modulares de asesoramento especializado, teñen como obxectivo axudar ao tecido empresarial a reforzar a súa posición de partida, a abordar novos mercados e a impulsar a súa aposta pola economía circular.
Estes novos servizos están financiados no marco do eixo REACT UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia de covid-19
Novos servizos, mesma filosofía Re-acciona:
Consecución de resultados
Desde o comezo defínense uns obxectivos, que se fan tanxibles ao rematar o servizo. Deste xeito, empresa coñece, dende o inicio, que pode esperar coa súa posta en marcha.
Aprendizaxe e autonomía
Os servizos están deseñados con carácter práctico e buscan que a empresa se adapte ao novo contexto económico. Para iso o acompañamento na execución e a formación que se imparte durante o servizo é clave para conseguilo.
Acompañamento
Os servizos desenvólvense de maneira guiada polo axente colaborador, que en todo momento está a disposición da empresa durante a duración do servizo.
Cales son os novos servizos Re-acciona para afrontar a COVID-19?
Servizo | Entidades colaboradoras |
Reestruturación financeira e adecuación de estados financeiros tras o impacto de COVID-19 e os novos modelos de negocio. | Arxon Estrategia. Ver presentación Audicon. Ver presentación Medrar Smart Solutions.Ver presentación |
Preparación para a transmisión ou adquisición de unidades produtivas | Casares. Ver presentación Parada y Cotelo. Ver presentación |
Análise de mercados internacionais concretos | Axperia Vetures. Ver presentación Dirección por Implicación. Ver presentación Maremal. Ver presentación |
Elaboración, adaptación e implementación de plans estratéxicos de internacionalización | EOSA Consultores. Ver presentación Esquío Ingeniería. Ver presentación Formacomer Gadicom. Ver presentación |
Implementación de metodoloxías e procesos acordes coa economía circular |
Inova. Ver presentación |
Enlaces relacionados:
- Convocatoria (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210930/AnuncioO92-210921-0001_gl.html)
- Máis información (http://reacciona.igape.es/index.php/reacciona-covid-19/)