Plataformas 1   China g   EEUU g   Marrocos g   Mexico g
  (Shanghai)   (Miami)   (Casablanca)   (Ciudad de México)
               
  Peru g    BREXIT g        
  (Lima)   (Londres)        

Antena empresarial do Igape en MÉXICO

 Presentación Dirección/Equipo Antena

 DirectoraAntenaMEXICO  
Adriana Cao 
Directora de Antena México
 

Importancia de México para Galicia

Actualmente é un mercado potencial de 136 millóns de consumidores, é o 10° país máis poboado a nivel mundial e o 2° a nivel de América Latina, sendo o primeiro país de fala hispana no mundo.

México é o principal destino turístico de América Latina e o 7° país máis visitado do mundo, no ano 2019 recibíu 41.4 millóns de turistas internacionais.

México é a segunda economía de América Latina e a 15ª máis grande do mundo, e desde 1986, practica unha política de apertura ao comercio internacional.

É unha economía orientada ás exportacións, onde máis do 90% do comercio mexicano atopase regulado en 12 tratados de libre comercio con máis de 46 países, incluíndo a EE.UU., Canadá, a UE, Xapón, Israel e varios países de América Central e América do Sur, ademais de Australia, Nova Zelandia, Singapur e Malaisia co Tratado Transpacífico (TPP, polas súas siglas en inglés) o cal suma un mercado de máis de 300 millóns de consumidores.

É un dos países cun maior número de acordos comerciais, ocupando dous deles un lugar fundamental:

  • O Tratado de Libre Comercio México – Unión Europea ( TLCUEM )
  • O Tratado Comercial entre México, Estados Unidos e Canadá ( TMEC )

 

México é un país que, ao practicar o Libre Comercio, ofrece excelentes condicións institucionais para os negocios e a internacionalización das empresas galegas, ao brindarlles estabilidade macroeconómica, certeza xurídica e importantes avances en materia de desregularización.

Porén, polas súas características, é un mercado polo que compiten empresas de moitos países. A incorporación a dito mercado require dun investimento de tempo, recursos humanos, materiais e tecnolóxicos e, especialmente as pemes necesitan asesoramento personalizado e experto por parte dun organismo no país, que identifique e promova as oportunidades e facilite a realización de negocios nun tempo e custo razoables e co menor risco posible.

En materia de fluxos de investimento estranxeiro, é importante sinalar que España ocupa o segundo lugar como inversionista en México (despois de EUA).

Actualmente estimase que en México existen máis de 5.500 empresas de orixe español no país.

Por todas estas razóns, animamos ás empresas galegas a achegarse ao Igape e solicitar a súa axuda para informarse sobre as oportunidades de negocios, iniciar ou consolidar a súa internacionalización neste mercado que, no curto e mediano prazo, pode converterse nunha importante alternativa de desenvolvemento.

 

Importancia de Galicia para México

Galicia e México mantiveron desde sempre estreitas relacións económicas e comerciais que se viron reforzadas nos últimos anos. Aínda que moitas grandes empresas galegas xa se atopan en México, tamén se fai cada vez máis notoria a presenza de compañías mexicanas en Galicia.

As empresas galegas están a contribuír ao desenvolvemento de México en sectores estratéxicos como o enerxético, o financeiro, as telecomunicacións, as infraestruturas, os servizos, o turismo, os transportes, o medio ambiente, a biotecnoloxía, a automoción ou o aeronáutico.

México é o primeiro destino das exportacións galegas a Latinoamérica e o quinto máis importante fóra de Europa. España foi o terceiro provedor europeo de México e o segundo comprador da UE.

No 2019, 488 empresas galegas exportaron a México alcanzando 235.624,94 millóns de euros.

17.000 galegos viven no país e con negocios a ambos os lados do atlántico.

 

Sección de contidos de interese para descargar:

 

A Antena Igape México presta servizos empresariais individualizados, para solicitalos acceda a través da Oficina Virtual do Igape IG263 Servizo de internacionalización Antenas do IGAPE non exterior.