Actualidade

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, visitou hoxe as instalacións da compañía arturo alvarez, que prevé implantarse este ano en Estados Unidos co apoio da Consellería de Economía e Industria. A empresa de Vedra destina o 80% da súa produción á exportación, e forma parte do Club de Marcas con Alto Potencial Internacional (Mapi). O Igape ten convocadas na actualidade convocatorias de axudas por máis de 5 millóns de euros para a contratación de xestores de internacionalización e para facilitar a implantación promocional no exterior ao abeiro do Plan Primex.

 O director xeral do Igape abriu a primeira xornada formativa cos bolseiros que participarán na implantación de proxectos de mellora no tecido empresarial e que se especializarán en cooperación empresarial, competitividad ou internacionalización. Javier Aguilera destaca que xa foron contratados por empresas un terzo dos titulados que remataron o seu período como bolseiros Reacciona ao abeiro da convocatoria anterior.

As distintas liñas activadas polo Igape e a Axencia Galega de Innovación suman preto de 45 millóns de euros. O obxectivo é mellorar a competitividade do tecido produtivo a través da innovación, a internacionalización e o emprendemento. O conselleiro de Economía resalta “o esforzo técnico e administrativo” desenvolvido para que Galicia inicie o ano cun importante músculo financeiro a disposición das empresas.

O director do Igape, Javier Aguilera destaca que a nova norma aprobada onte no Parlamento e coa posta en marcha da Unidade Galicia Emprende se habilitan instrumentos para que xurdan novos proxectos e para que se consoliden as novas empresas. Salienta a creación das redes galegas de business angels e de viveiros e o reforzamento da Rede Galega de Mentores. O director xeral do Igape lembra que o programa Galicia Emprende mobilizará 10 millóns de euros.

O director do Igape, Javier Aguilera, destaca en Vigo que é o momento de que o sector volva ocupar o lugar que lle corresponde pola súa capacidade de traballo e a súa alta tecnoloxía.