Actualidade

O director do Igape, Javier Aguilera, salienta a necesidade de que os novos emprendedores saiban reinventarse e mellorar de forma continuada para consolidar os seus proxectos. As empresas participantes no programa C-Teams, con menos de catro anos de vida, poderán deseñar unha nova carteira de produtos ou servizos adaptados ás demandas do mercado.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, clausura o encontro internacional do proxecto europeo ATClusters, que contou coa participación de entidades de Asturias, Portugal, Francia e Irlanda. No encontro houbo mesas centradas nos sectores naval, téxtil, alimentación e industrias culturais nas que participaron expertos de diferentes países.

Durante a inauguración do XXIII Salón do Automóbil, o director do Igape salientou o potencial do sector, que supón preto dun terzo de todas as vendas galegas ao exterior. As empresas da automoción facturaron 7.800 millóns de euros en 2013, un 28% máis que o ano anterior, e incrementaron o seu emprego directo un 3% ata os 19.000 postos de traballo.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, avanza o Plan Estratéxico de Internacionalización, que funcionará en dous sentidos: por un lado, reforzando as exportacións e a implantación das empresas galegas noutros mercados; e por outro, impulsando a atracción de capital estranxeiro. A estratexia focalizará os esforzos exportadores galegos en países iberoamericanos como México, Brasil, Colombia, Perú, ademais de mercados como China, Estados Unidos, Rusia e Marrocos. Salienta que o Plan Estratéxico de Internacionalización busca que o peso das exportacións no PIB galego suba do 33% ata o 40% en 2020.

O director do Igape, Javier Aguilera, presenta a iniciativa ENTIC, que conta co Instituto como xefe de filas e co Inega como socio de referencia. Salienta que o proxecto servirá para apoiar a transición das pemes cara a modelos enerxéticos sostibles baseados nas tecnoloxías da información e da comunicación, estimulando novas oportunidades de negocio e emprego.