O director do Igape, Juan Cividanes, destaca, na entrega dos premios Argos organizados pola USC, a formación e a cohesión de equipos multidisciplinares como outra das bases sólidas nas que deben asentarse os novos proxectos. Subliña que a Consellería de Economía, Emprego e Industria dispón dunha completa batería de servizos e instrumentos de apoio adecuados ás necesidades dos emprendedores. Destaca o programa Galicia Emprende, dotado con 5 millóns de euros, como un dos instrumentos preparados para apoiar a creación de novas empresas ou o desenvolvemento de empresas de recente creación.
O Igape e a Fundación EOI asinarán un acordo que permitirá ás compañías diagnosticar a súa situación actual e avanzar na súa dixitalización a través de asesoramento especializado. A Consellería de Economía, Emprego e Industria activa tamén a segunda convocatoria para formar traballadores no ámbito da Industria 4.0, da cal se beneficiarán arredor de 1.000 persoas. Dentro deste programa poderán desenvolverse plans formativos en eidos como robótica, big data, Internet das cousas, vehículos autónomos e loxística 4.0. O Goberno galego destina máis dun millón de euros a estas dúas iniciativas, enmarcadas na Axenda da Industria 4.0.
O director do Igape, Juan Cividanes, e a directora de Amtega, Mar Pereira, salientan o destacado papel reservado ás empresas TIC no proceso de dixitalización e mellora da competitividade do tecido empresarial durante a súa visita a Imaxin Software. A factoría de software e multimedia localizada en Santiago de Compostela acolleuse ao programa ReAcciona para optimizar a súa xestión financeira e agora está a desenvolver un servizo de marketing dixital a través do ReAcciona TIC. O Diario Oficial de Galicia pública hoxe as resolucións de concesión de máis de 600.000 euros en axudas destinadas a facilitar a implantación de 133 novos servizos destes dous programas en 110 empresas. Ata o próximo 31 de maio continúa aberto o prazo para presentar solicitudes ao programa ReAcciona TIC, impulsado pola Amtega e o Igape, que ten por obxectivo facilitar a mellora da competitividade e a transformación dixital das empresas a través de diferentes servizos tecnolóxicos e vinculados á Industria 4.0
O director do Igape, Juan Cividanes, e a embaixadora deste país báltico en España, Skaiste Aniuliene, participan nunha xornada específica sobre as oportunidades bilaterais de comercio e de investimento neste mercado ao que exportaron o ano pasado un cento de empresas galegas. As exportacións galegas a Lituania, que corresponden principalmente ao sector téxtil, medraron un 13% o pasado ano, ata sumar 36 millóns de euros. A través do programa Galicia Exporta e das axudas á contratación de xestores de exportación, dotados con 8 millóns de euros, a Consellería de Economía, Emprego e Industria prevé apoiar este ano a internacionalización de máis de 500 pemes
As solicitudes á primeira convocatoria poderán presentarse a partir de mañá e ata o próximo 20 de xuño, e haberá outras dúas convocatorias que se abrirán o 30 de xuño e o 10 de outubro respectivamente. O programa aumenta a súa dotación nun 35% e compleméntase coa primeira edición do Galicia Rural Emprende, dotado con 2,5 millóns, o que supón duplicar as axudas directas a proxectos de emprendemento con respecto ao pasado ano. Autónomos e emprendedores poden acceder a apoios de ata 175.000 euros para a posta en marcha ou consolidación temperá das súas iniciativas. Facilitarase a mobilización de investimentos por máis de 14 millóns de euros e a creación ou o mantemento de 500 empregos