Actualidade

O director xeral do Igape, Juan Cividanes, visita as instalacións desta compañía con vocación global especializada en cultivos que medran nunha solución acuosa, sen precisar terra. As vendas de H2 Hydroponics a mercados como Portugal, USA, Panamá, Nicaragua, Líbano, Qatar ou o resto de España achegan o 95% da súa facturación. A empresa ten previsto presentar a nivel mundial, na feira agrícola que se desenvolve en Abu Dhabi os próximos 20 e 21 de marzo, os seus propios sistemas de cultivo hidropónico, que levará durante este ano ás feiras sectoriais más importantes.

A última edición do plan impulsado polo Goberno galego concedeu axudas que suman preto de 3 millóns de euros para apoiar ás familias no acondicionamento destes espazos estimulando a demanda e o emprego entre as pequenas empresas e os autónomos do sector da construción. O director do Igape, Juan Cividanes, salientou, logo dun encontro con directivos de Asemaco, que o Reforma 16 mobilizou uns investimentos de preto de 30 millóns de euros con axudas que supuxeron rebaixas do 40% dos custos. O Programa Reforma facilitou nos dous últimos anos obras de modernización en máis de 7.000 fogares galegos mobilizando arredor de 50 millóns de euros.

O director do Igape, Juan Cividanes, e a directora de Amtega, Mar Pereira, inauguraron esta mañá a segunda xornada do DICO Summit desenvolvido en Santiago e que se centrou no impacto dos contidos dixitais en sectores como o industrial, o turístico ou a educación. Salientou os servizos avanzados que achega a Xunta ás empresas galegas a través de programas como ReAcciona TIC. Cividanes afirmou que a maioría dos proxectos apoiados a través do fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras que xestiona XesGalicia apostan polos novos modelos de negocio e están relacionados coa dixitalización.

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe nun encontro de traballo co dobre obxectivo de coñecer os avances nas iniciativas aprobadas e facilitar o asesoramento necesario para a correcta execución dos investimentos apoiados. No marco da liña promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a fábrica intelixente, empresas da automoción, a aeronáutica ou a madeira tamén están desenvolvendo proxectos de Industria 4.0.

O director do Igape, Juan Cividanes, destacou esta mañá na Coruña, durante a súa intervención nunha xornada técnica específica que se desenvolveu no Club Financiero Atlántico, que este tipo de sociedades conforman preto do 90% do tecido empresarial de Galicia. Lembrou que as compañías de base familiar se poden acoller a todos os instrumentos de apoio a empresas habilitados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, salientando servizos específicos como o ReAcciona para facilitar os procesos de sucesión.