Xoves, 02 Xullo 2015 11:00

Xornadas do Programa Primeira Exportación en Vigo e A Coruña

Escrito por 

No marco do Programa Primeira Exportación, que impulsa o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) en colaboración coa Fundación Gas Natural Fenosa co obxectivo de facilitar os primeiros pasos para a exportación e orientar as accións preparatorias e iniciais do proceso de internacionalización, convocase:Xornadas técnicas en Vigo e A Coruña. Atopar Axente ou importador: Procura, identificación e negociación.

  • Vigo, Club Financiero: 16 de xullo 2015, de  09:00H. a 13:45H [Programa]
  • A Coruña, Museo de Arte Contemporáneo: 17 de xullo 2015 , de 09:00h a 13.00h [Programa]

  

O Programa Primeira Exportación, orientado a pemes que queren empezar a exportar, é gratuito e ofrece asesoramento, titoría e formación. Nestas xornadas técnicas haberá relatorios específicos sobre a procura  dos socios axeitados dentro do proceso global da exportación e sobre os instrumentos financeiros e os servizos axeitados para avanzar neste ámbito.

Perfil dos asistentes aos que van dirixidas estas xornadas:

  • Empresarios e xerentes de PEMES que desean iniciarse na exportación.
  • Xefes e directores de exportación e ventas con responsabilidade en mercados exteriores.
  • Responsables noveles de exportación de pemes que desean unha tutoría para encauzar a súa labor.
  • Xoves profesionais que desexen encauzar a súa vida laboral no ámbito da internacionalización empresarial. Polo que respecta a estos profesionais, o Igape presentará nestas xornadas o novo programa de bolsas de promoción exterior e outros programas para facilitar a inserción deste tipo de profesionais en empresas que se están iniciando na internacionalización nos que está a traballar para unha próxima convocatoria.

 

Inscricións xornada Vigo

Inscricións xornada A Coruña

Máis información: www.fundaciongasnaturalfenosa.org

 

  

Leer 77376 veces Modificado por última vez en Venres, 03 Xullo 2015 12:00

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios