Esta iniciativa englobada dentro do programa de primeira exportación, está impulsada por la Fundación Gas Natural Fenosa en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Cámara de Comercio e Industria de Ourense, Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Cluster das Tecnoloxías da Información e as Comunicaciones de Galicia (Cluster TIC Galicia).
Esta aproximación, totalmente práctica e real, non pretende transmitir coñecementos teóricos ou académicos senón que cada participante elaborará o plan de exportación da súa propia peme.
Cada parte do proceso iníciase coa explicación das bases, para entrar, a continuación, na elaboración propiamente dita, podendo interactuar estreitamente co relator, grazas ao grupo reducido de participantes. O programa e gratuito e ofrece asesoramento, tutoría e formación.
Dirixido a:
- Empresarios e xerentes de PEME que desexan iniciarse na exportación.
- Departamentos ou responsables noveis de exportación, de pemes que desexan unha titoría para canalizar a súa laboura.
LUGAR | DATA | HORA |
FERROL | 02-06-15 | 10.30h a 13.30h |
LUGO | 02-06-15 | 17.00h a 20.00h |
OURENSE | 03-06-15 | 10.30h a 13.30h |
VIGO | 03-06-15 | 17.00h a 20.00h |
SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04-06-15 | 10.00h a 13.00h |
A CORUÑA | 04-06-15 | 17.00h a 20.00h |
Programa e información | Inscricións: www.fundaciongasnaturalfenosa.org