O programa previsto é o seguinte:
Martes, 28 de abril:
Lugar: Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta. Lugo
Programa: Encontros bilaterais con empresas (previa cita)
Horario: 16.00 h -20.00 h
Mércores, 29 de abril:
Lugar: Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Complexo Administrativo San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela
Programa:
- Taller Por que Brasil? Oportunidades de Negocio. Visión xeral sobre implantación en Brasil. Horario: 10.00 h -12.00 h
- Encontros bilaterais con empresas (previa cita). Horario: 12.30 h -15.00 h
- Encontros bilaterais con empresas (previa cita). Horario: 16.00 h -19.00 h
Xoves, 30 de abril:
Lugar: Confederación de Empresarios de A Coruña (CEC), Praza Luis Seoane, torre 1, entreplanta. A Coruña
Programa: Encontros bilaterais con empresas (previa cita)
Horario: 09.00 h -14.00 h
Desta forma, as empresas interesadas no mercado brasileiro poderán entrevistarse individualmente con D. Francisco Vispo os días 28, 29 e 30 de abril en Lugo, Santiago e A Coruña respectivamente. Nestas reunións, dunha duración aproximada de 20-25 minutos, os asistentes contarán coa posibilidade de formularlle as cuestións que consideren oportunas, e coñecer de primeira man de que forma os servizos que ofrece a Plataforma Pexga en Brasil lles poden ser útiles.
Ademais, o mércores día 29 de abril o Director de Pexga Brasil ofrecerá unha aproximación ás oportunidades actuais de negocio, ás fortalezas comerciais e ás posibilidades de implantación no país amazónico para as empresas galegas.
Se está interesado en participar, agradeceriámoslle que nos remita un correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , co asunto "Encontro Pexga Brasil 28-30 de abril de 2015" e indíquenos:
- Se desexa entrevistarse co Director da Plataforma Pexga en Brasil, en que cidade e a súa preferencia horaria.
- Se desexa acudir ao taller Por que Brasil? Oportunidades de Negocio. Visión xeral sobre implantación en Brasil, que se celebrará en Santiago de Compostela en horario de 10.00 a 12.00 horas.
Prazas limitadas
Programa