A Xunta de Galicia, a través do IGAPE (Área de Internacionalización) en colaboración coa Cámara de comercio da Coruña, ANFACO, o Consello Regulador da D.O. Rias Baixas e o Consello Regulador da D.O. do Ribeiro traballan na participación agrupada de Galicia na Feira EXPO ANTAD & ALIMENTARIA MEXICO, referente da industria de alimentos e bebidas do mercado de México é porta de acceso ao continente americano, que se celebra no recinto feiral Expo Guadalajara- Mexico do 5 ao 7 de marzo de 2019.
Convocatoria FOEXGA da Participación agrupada de Galicia na Feria Expo ANTAD. Cámara de Comercio de A Coruña Tlf.: 981 216 074.
Co obxecto de ofrecerlle información de primeira mán sobre a importancia da Feira así como das especificidades da loxística do producto agroalimentario galego con México invitámolo a participar nesta xornada.
Data: 15 de novembro de 2018
Lugar: IGAPE. Complexo administrativo San Lazaro s/n.
Horario: 10.00 - 12.00
Inscrición gratuíta
Programa