O mércores 23 de novembro levarase a cabo en Santiago de Compostela un seminario baixo o título “México: Oportunidade de Internacionalización para as Empresas Galegas”, onde catro expertos analizarán os aspectos legais, contables e administrativos a ter en conta á hora de establecerse en México así como as oportunidades que este mercado ofrece, as posibles estratexias a seguir e os factores culturais claves nunha negociación.
Do 21 ao 25 de novembro e do mesmo xeito que anteriores encontros, as empresas interesadas en facer negocios con este mercado poderán solicitar entrevistas individuais con Adriana Cao García, Directora da Plataforma Empresarial de Galicia en México, para trasladarlle as súas consultas específicas.