Actualidade

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, participou na sesión inaugural da III convención de colectivos de autónomos de Galicia que se desenvolve hoxe en Bergondo. Aguilera salientou que o colectivo pode acollerse aos servizos e axudas da Consellería de Economía e Industria para impulsar investimentos ou desenvolver proxectos de mellora da súa competitividade ou internacionalización.

Os  proxectos aprobados contemplan a creación de máis de 200 novos postos de traballo. No programa de apoio á competitividade empresarial do Igape valorouse especialmente a creación de postos de traballo, sobre todo en colectivos de difícil inserción laboral. A avaliación incluíu tratamento preferente para as iniciativas a desenvolver nas provincias de Lugo e Ourense  e nos concellos de Ferrolterra e Costa da Morte.

postit-alfagemeApertura de prazo de recepción de ofertas de empresas do sector conserveiro como trámite informativo previo á adquisición de determinados bens de BERNARDO ALFAGEME, S.A.

Como consecuencia do abono de diversos avais, a Xunta de Galicia é acreedora de BERNARDO ALFAGEME, S.A., actualmente en concurso de acreedores. A Lei 22/2003, de 9 de xullo, Concursal, establece que sempre que sexa factible, o Plan de Liquidación deberá contemplar a enaxenación unitaria do conxunto dos establecementos produtivos de bens e servizos do concursado.

O prazo de presentación de solicitudes para a nova convocatoria, a través da web do Igape, está aberto até o próximo 26 de outubro. O Instituto está a coordinar a implantación de servizos avanzados de mellora da competitividade en preto dun centenar de empresas que se presentaron á primeira convocatoria deste programa.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, reuniuse con representantes de 12 proxectos nos que cooperan 70 empresas para entrar nos mercados de Brasil, México, Panamá e República Dominicana. Con este plan orientado especialmente ás pemes promóvense proxectos de primeira implantación comercial en mercados exteriores impulsados por agrupacións de polo menos tres empresas, ou por asociacións que representen a máis de cinco empresas.