Actualidade

A iniciativa, cuxa convocatoria vén de publicarse no DOG, céntrase en favorecer, a través do Igape, o acceso ao crédito bancario das compañías de menos de 50 traballadores. O programa bonifica xuros e comisións de préstamos de máis de 25.000 euros para pequenas empresas, mentres que as microempresas accederán tamén a unha axuda do 15% sobre o tramo do crédito bonificado, de ata 25.000€, destinado a activos fixos. Os apoios serán de maior intensidade para iniciativas impulsadas por autónomos, emprendedores ou pequenas empresas do sector industrial. O programa pode beneficiar a todas as operacións de financiamento formalizadas desde o pasado 1 de xaneiro.

Nunha xornada sobre instrumentos de financiamento para autónomos e pemes, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apunta en Santiago que as pequenas e medianas empresas teñen contribuído de forma decisiva á recuperación económica. Destaca a colaboración co ICO para poñer en marcha de forma coordinada actuacións que permiten mellorar a competitividade do tecido empresarial, que afronta o gran reto de gañar tamaño. A iniciativa forma parte dun programa do Igape que cunha dotación de 2,6 millóns de euros permitirá mobilizar 55 millóns. O organismo estatal e o Igape colaboran un ano máis para facilitar ás empresas o acceso a liñas de crédito en condicións vantaxosas.

A convocatoria publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), cun orzamento de 1,12M, facilitará aos titulados seleccionados a participación, principalmente, en proxectos de mellora do programa ReAcciona, pero tamén nas iniciativas promovidas por clústers e por entidades vinculadas á Unidade Galicia Emprende. Este programa facilitou durante os últimos anos a participación de máis de 300 bolseiros que puideron especializarse participando en proxectos de mellora en empresas, conseguindo traballo case o 55% dos novos titulados. O prazo de presentación de solicitudes está aberto desde mañá ata o próximo 14 de setembro.

O director do Igape, Juan Cividanes, visitou a compañía localizada en Alvedro que emprega a máis de 150 traballadores e obtén en mercados internacionais o 50% da súa facturación, cifrada en 40 millóns de euros. Arce Clima apoiouse no programa ReAcciona do Igape, que onte activou unha nova convocatoria, para avanzar na profesionalización da súa produción e optimizar a súa cadea loxística. A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste na nova edición do programa ReAcciona dous millóns de euros para desenvolver preto de 500 novos proxectos de mellora de xestión empresarial e plans estratéxicos de futuro nas empresas galegas. A presentación de solicitudes ao abeiro da nova convocatoria está aberta ata o 15 de setembro.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste na iniciativa dous millóns de euros para desenvolver preto de 500 novos proxectos de mellora de xestión empresarial e a posta en marcha de plans estratéxicos nas empresas galegas. A presentación de solicitudes ao abeiro das bases reguladoras publicadas hoxe no DOG estará aberta desde o próximo luns ata o 15 de setembro. O obxectivo fundamental é apoiar ás pemes na profesionalización dos seus equipos directivos e de xestión para que se fortalezan como paso previo ao seu crecemento ou internacionalizació.