A Xunta de Galicia, a través do IGAPE, en colaboración co Escuela de Organización Industrial (EOI),organizan o II Foro de investimento de proxectos desenvolvidos nos espazos coworking, do Igape e a EOI, o vindeiro 7 de marzo no Edificio Museo da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela (A Coruña).
Este foro permitirá por en contacto a investidores privados e entidades financeiras cos promotores de varios dos mellores proxectos desenvolvidos nos 8 espazos Coworking (Santiago, Ferrolterra, Mariña lucense, Ribeira Sacra, Costa da Morte, Celanova e Terras da Limia, Ourense e O Salnés) postos en marcha polo Igape e a EOI.
A tipoloxía destes proxectos empresariais abrangue dende o sector forestal, o deseño, o sector téxtil, a saúde ou a tecnoloxía entre outros.
AXENDA
- 12:15h Presentación do Foro de Investimento
- Adolfo Cazorla, director xeral EOI
- Fernando Guldrís, director xeral Xesgalicia
- 12:30h Primeira rolda de presentación de proxectos
- 13:30 Pausa Café
- 13:45h Segunda rolda de presentación de proxectos