CHINA |
"Oportunidades e Tendencias no Sector Agroalimentario en China: Experiencia dun Importador e Recomendacións Prácticas" |
Data: 23 de xuño de 2015 Hora: 10:00 h Lugar: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). complexo Administrativo San Lázaro nº63A. Santiago de Compostela. Pode consultar aquí o Programa O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) invítano a participar no seminario "Oportunidades e Tendencias no Sector Agroalimentario en China: Experiencia dun Importador e Recomendacións Prácticas", que terá lugar o martes día 23 de xuño de 2015 a partir das 10.00 horas na sede do Instituto Galego de Promoción Económica (Complexo Administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela). Este seminario está dirixido a todas aquelas empresas que xa teñan certa experiencia no mercado chinés ou que, pola contra, desexen aproximarse nestes momentos a este país, e convócase co fin de ofrecer unha visión informativa sobre as novas tendencias no sector agroalimentario para 2015. Este sector representa unha excelente oportunidade, cunhas exportacións en alza continuada e unha excelente percepción do produto importado por parte do consumidor chinés. Contaremos nesta ocasión co testemuño dunha empresa importadora chinesa, para que ofreza o seu punto de vista sobre as súas necesidades como cliente e as súas expectativas en relación aos potenciais provedores galegos. Ofreceranse ademais recomendacións prácticas á hora de valorar unha posible entrada no mercado chinés. Entre elas, falarase con maior detalle das seguintes:
D. Javier Bahut e Dña. Vivian Liang, director e analista da Plataforma Pexga en China respectivamente, e Dña. Ema Cai, Negocio Development Manager da empresa importadora Shangai Juerui Industry Co. Ltd., explicarán con detalle, a través de vídeo-conferencia, todas estas novidades e atenderán no tempo reservado para coloquio todas aquelas dúbidas e cuestións concretas que formulen as empresas asistentes. Se está interesado en participar, agradeceriámoslle remítanos un correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co asunto "Oportunidades e Tendencias no Sector Agroalimentatio en China: Experiencia dun Importador e Recomendacións Prácticas" indicando o seu interese en participar nesta actividade, razón social da empresa, nome e cargo da persoa que acudiría en representación desta. Tamén lles agradecemos que nos fagan chegar calquera dúbida concreta que lles gustaría que fose tratada durante o seminario para que, se é posible, poidamos incluíla na presentación. As prazas son limitadas e será imprescindible estar previamente rexistrado na web da Rede Pexga, así como ter aceptado a política de privacidade desta. Dende o Centro de Coordinación confirmarémoslle por correo electrónico a súa inscrición. |
MARROCOS [Rematado] |
“O Mercado da Licitación Pública en Marrocos” |
Data: 1 de xuño de 2015 Pode consultar aquí o programa.
|
RUSIA [Rematado] |
“O Mercado Ruso e da Unión Aduaneira Rusia-Belorrusia-Kazakstán” |
Data: 25 de maio de 2015 Pode consultar aquí o programa. |
COLOMBIA [Rematado] |
"O Mercado da Contratación Pública en Colombia" |
Data: 20 de maio de 2015 Pode consultar aquí o programa. |