Rede Mentoring

procesos-anoA Rede Mentoring é un servizo dirixido a pemes de recente creación, mediante o cal se brinda o apoio dun mentor, que é un empresario ou profesional de recoñecida traxectoria e amplia experiencia, durante un período de tempo determinado. Preténdese lograr afianzar o éxito das novas iniciativas empresariais nas súas etapas de posta en marcha e crecemento.

O proceso de mentoring concrétase nunha serie de xuntanzas periódicas nas que, unha vez fixado o obxectivo a tratar, o mentor comparte os seus coñecementos, experiencia e recursos para conseguir a mellor solución para a empresa mentorizada. Trátase dun acordo de duración limitada no tempo: 4 - 5 xornadas de traballo como máximo cunha periodicidade recomendada de 15 días - 1 mes.

Internacionalización, financiamento, recursos humanos, marketing, vendas, innovación, estratexia, xestión de equipos, etc. A Rede dispón de moitisimos expertos capaces de axudar a acadar con éxito ó obxectivo que se plantexe.

Se estás interesado en solicitar un proceso de mentorización, inscríbete a través deste enlace:

Word Ficha empresa

Se estás interesado en ser mentor, inscríbete a través deste enlace:

Word Solicitude mentor

 

As fases dun proceso de mentoring son as seguintes:

FASE 1.- O proceso de incorporación de mentores

FASE 2.- O proceso de matching

FASE 3.- O proceso de mentoring

  • Formalización do arranque
  • Contido da primeira reunión de traballo
  • Reunións sucesivas

FASE 4.- O proceso de peche

FASE 5.- O proceso de avaliación

Neste apartado poderás descargar unha serie de documentación relacionada coa Rede Mentoring

mentores por sector

A rede está formada por mentores, empresas mentorizadas e a unidade de xestión.

Actualmente forman parte desta Rede uns 150 mentores, líderes en xestión e cunha probada capacidade directiva, e unhas 120 empresas que están recibindo, ou xa recibiron, un asesoramento externo cualificado, altruísta e confidencial para reforzarse e consolidarse.

A unidade de xestión da Rede, coordinada por Igape, será a encargada de realizar a búsqueda do mentor en función das necesidades estratéxicas da empresa mentorizada e de coordinar as reunións unha vez realizado o emparellamento.

O mentoring é unha práctica mediante a cal se adquire un compromiso entre dúas persoas para compartir vivencias, experiencias e visións e contribuir así ao crecemento persoal e profesional do mentorizado.

Baséase na voluntariedade e interese mutuo entre ambas partes, sen remuneración económica aos mentores e sen ningún coste económico para os mentorizados. Garantízase a total confidencialidade.