Este cuarto encontro técnico contará coa participación do Dr. Rudolf Albert, ex-xerente de distribución global no Grupo Wrighleys antes de unirse á Escola de Negocios da Universidade de Pforzheim (Alemaña). Operou en 54 países, desempeñando importantes funcións en América Latina.
O evento tamén contará coa intervención do Dr. Jürgen Janovsky, profesor na Universidade de Pforzheim, responsable do desenvolvemento e xestión de proxectos de colaboración con empresas privadas e autoridades públicas. Experto en Xestión da Innovación, Transferencia de Tecnoloxía e Desenvolvemento de Pemes.
Día: 25 de febreiro, a partir das 09:45 horas.
Lugar: Santiago, Confederación de Empresarios de Galicia, Rúa do Vilar, 54.
Día: 26 de febreiro, a partir das 11:45 horas.
Lugar: A Coruña, Confederación de Empresarios da Coruña, Praza de Luís Seoane, Torre 1 Entreplanta.
Día: 26 de febreiro, a partir das 18:00 horas.
Lugar: A Coruña, Universidade da Coruña, Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña s/n