Vacia (136)

As oportunidades empresariais e comerciais no Perú constitúen o obxectivo da xornada técnica, organizada polo Igape, que se desenvolverá o próximo xoves día 23 de febreiro, a partir das 10 horas, na sede do MUPEGA (rúa de San Lázaro, 107), en Santiago de Compostela.


O encontro contará coa participación da Oficina Comercial da Embaixada do Perú en Madrid. Tamén participará un directivo da Antena Empresarial de Galicia no Perú que está a disposición da Internacionalización das empresas galegas que teñan dito país como mercado obxetivo.


Para máis información da Xornada o dos Servizos da Antena Empresarial no Perú, poden contactar con:
Jose Pereira Cabezuelo 981 54 11 91
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

[ Ver programa ]

 

Reunión Galicia Exporta Organismos Intermedios

Mércores, 25 Xaneiro 2017 10:55 Escrito por

Celebraráse un taller informativo o 8 de febreiro ás 11:00 na sala de cursos do IGAPE (Complexo Administrativo de San Lázaro nº 63A, Santiago de Compostela)  enfocado aos beneficiarios destas bases domiciliados en Galicia:

• Asociacións empresariais.
• Consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica.
• Clústers empresariais.
• Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica.

Requírese confirmación de asistencia por email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

• Indicando en asunto: REUNION GALICIA EXPORTA OOII e,
• Comunicando: nome do organismo e número de asistentes

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), xunto coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e, a Federación Galega de Xoves Empresarios organiza a xornada de presentación do Informe Executivo Gem Galicia 2015 o próximo 2 de decembro de 2016 en Santiago de Compostela, na sala de debate do edificio do Centro de Estudos Avanzados da USC, no parque de Vista Alegre.

Se es un emprendedor ou traballas na promoción económica, este evento pode ser do teu interese.

 

O Servizo de Licitacións Internacionais (Salt) organiza o luns 21 de novembro o seminario Introdución ao Mercado Multilateral: Oportunidades en Latam, que se desenvolverá na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) convídano a participar no Encontro coa Plataforma Pexga en México, que terá lugar do 21 ao 25  de novembro.

Encontro coa Plataforma Pexga China

Venres, 04 Novembro 2016 15:14 Escrito por

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) convídano a participar no Encontro coa Plataforma Pexga en China, que terá lugar do 14 ao 18  de novembro.

Xornada Como Iniciar un Negocio nos EE.UU.

Xoves, 03 Novembro 2016 14:40 Escrito por

Data: 11 de Novembro de 2016

Lugar: Igape, Santiago de Compostela

Horario: 10:00 a 13:30

Programa | Inscricións

Durante a xornada, teranse en conta as consideracións legais, contables e fiscais para abrir unha filial e rexistrar unha empresa estranxeira en USA.

Contaremos ademais coa experiencia empresarial do Grupo Caamaño.

  

O IGAPE, en colaboración con Caixa EMPRENDEDOR XXI convoca o acto de entrega da X edición dos Premios EmprendedorXXI, que terá lugar o vindeiro 6 de outubro no Clube Financeiro de Vigo (Avda. García Barbón, 62).

Antes de dar a coñecer o nome da empresa con maior potencial de crecemento na Comunidade de Galicia, Araceli Segarra relatará a experiencia que viviu durante a rodaxe do Documental en IMAX Everest. Usando o ascenso a esta montaña como metáfora para valorar os diferentes aspectos da natureza humana, e que nestas condicións, é levada ata o límite. Na súa presentación, poderanse ver algunhas das analoxías que existen entre o complicado ascenso desa montaña e o non menos difícil mundo empresarial.

Axenda:
12:00h Convocatoria e benvida
12:05h Ponencia a cargo de Araceli Segarra Roca
12:50h Entrega dos Premios EmprendedorXXI
13:35h Aperitivo networking

[ Inscricións ]

BannerPremiosEmprendedorXXI

 

ASIA O GRAN MERCADO DE ALIMENTOS E BEBIDAS

Este taller está deseñado para apoiar a exportación con éxito dos alimentos e bebidas a Asia, sendo os obxectivos da xornada, obter unha visión en profundidade dos principais mercados asiáticos de alimentos e bebidas, coñecer o comportamento dos consumidores deses países, analizar o sistema de acceso e regulamentos de entrada neste sector e os casos de éxito. Asemade de coñecer os apoios á internacionalización empresarial para accións a desenvolver nos mercados asiáticos.

DATA: 3 Outubro 2016
HORARIO: 10:00 a 13:30h.
LUGAR: Ed. FEUGA. Lope Gomez Marzoa. Campus Vida. Santiago de Compostela.
INSCRICIÓN GRATUITA : Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Para mais información poden contactar CLUSAGA no teléfono 981 556 062

No ámbito da Estratexia de internacionalización, vai desenvolverse o V taller Marketing Expertise, organizado polo Igape en colaboración ca cátedra Jean Monnet da Universidade da Coruña e centrado na Innovación Aberta e Comercialización da Innovación en mercados internacionais: "Innovación e creación de riqueza empresarial: a experiencia alemana de apoio a empresarios e PEMEs innovadoras e posibilidade de colaboración e coinversión Alemania".