Vacia (136)

Ciclo Webinar País: Antena Perú

Xoves, 15 Outubro 2020 14:08 Escrito por
  • Ciclo Webinar País: Antena Perú ( xoves 22 de outubro ás 17h).        Programa  |  Reserva praza

Só para os bolseiros que teñenen que escoller hora para entrevista conforme ao establecido nas bases de bolsas de promoción exterior do IGAPE. 

Unha vez validado, ten que seleccionar en primeiro lugar o día da entrevista 8, 9, 13 ou 14.

Presentación Cheque BREXIT

Martes, 03 Marzo 2020 14:47 Escrito por

Presentación da nova liña de axudas Cheque Brexit, que vén de activar a Xunta a través do Igape para reforzar a posición das empresas galegas tras a saída do Reino Unido da Unión Europea.

Os asistentes ao evento poderán coñecer con detalle os apoios que ofrece o programa. Ademais, a través da explicación de casos prácticos, informarase con exemplos sobre os diagnósticos e plans de continxencia que se facilitarán ás compañías que o soliciten, con especial atención ás pemes.

Data: 9 de marzo de 2020, de 09.15 a 11.00 horas.

Lugar: Confedereación de Empresarios de Pontevedra ( García Barbón, 104 - VIGO)

 

                                                      PROGRAMA
09.15 h.   RECEPCIÓN DE ASISTENTES
09.30 h.

  PRESENTACIÓN DA XORNADA

    Jorge Cebreiros Arce. Presidente CEP

09.40 h.

  CHEQUE BREXIT. PLAN DE CHOQUE PARA AS EMPRESAS GALEGAS EN REINO UNIDO

    Juan Cividanes Roger, Director Xeral Igape

10.00 h.

  CHEQUE BREXIT. CASOS PRÁCTICOS

    Balms Avogados

11.00 h.   CAFÉ / NETWORKING

 

Programa

Máis información e Inscrición

 

AVISO XORNADAS DE ATENCION PERSONALIZADA  AXUDAS DE INTERNACIONALIZACIÓN.

A partir do próximo luns 16 de marzo, as súas consultas serán atendidas telefonicamente,  para ser atendido nas Xornadas dos días:

Luns 16 de marzo: Santiago.
Mércores 18 de marzo: Pontevedra.
Luns 23 de marzo: Santiago.
Mércores 25 de marzo: Vigo.
Venres 27 de marzo: Pontevedra.

Por favor inscríbase igualmente reservando a súa cita. Un técnico da área de internacionalización chamarao na hora reservada para prestarlle información e asesoramento sobre as axudas de internacionalización. Non esqueza indicar o numero de teléfono no que quere recibir a nosa chamada.

Moitas grazas pola súa colaboración

 


 

Coa intención de apoiar a transformación dixital para a internacionalización o Igape convoca un novo programa de subvenciós para o desenvolvemento e implantación de programas de internacionalización dixital das empresas, as bases reguladoras do Galicia Exporta Dixital publicaronse no DOG do 24 de xaneiro de 2020 rematando o prazo de solicitude o 24 de marzo de 2020 para a súa primeira convocatoria.

Así mesmo no DOG  do 29 de xaneiro publícanse as novas convocatorias 2020-2021 das  bases reguladoras das axudas de Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios. O prazo de solicitude para estas dúas axudas é de dous meses dende a data de publicación no DOG.
 
Co obxecto de prestarlle información e asesoramento personalizado sobre as axudas de internacionalización do IGAPE, (Galicia Exporta Dixital, Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios) poñemos a súa disposición o equipo técnico da área de internacionalización para unha reunión persoal.

Pode solicitar cita para concretar a súa reunión nas cidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo.

Reserva datas das xornadas de atención personalizada

[ABERTAS RESERVAS DE SESIÓNS PARA FEBREIRO E MARZO]

Ferrol: 5 febreiro, 17 febreiro, 9 marzo
A Coruña: 10 febreiro,19 febreiro, 2 marzo, 13 marzo
Santiago de Compostela: 3 febreiro, 26 febreiro, 16 marzo, 23 marzo
Lugo:  28 febreiro, 4 marzo
Ourense: 21 febreiro, 6 marzo
Pontevedra: 12 febreiro, 18 marzo, 27 marzo
Vigo: 7 febreiro, 14 febreiro, 4 marzo, 11 marzo, 25 marzo

 

Como socio do Proxecto ECICII PLUS, o IGAPE colabora na difusión da "Misión inversa de importadores de México", organizada por AEP-Associação Empresarial de Portugal, Câmara de Comércio e Indústria, socio portugués do Proyecto ECICII PLUS.

No marco desta misión inversa, os importadores mexicanos visitarán Galicia os días 20 e 21 de novembro e celebrarán reunións B2B con empresas galegas dos sectores Contract, Agroalimentario e Kis.

As reunións terán lugar na sede da CEP (García Barbón, 104 – C.P. 36201 Vigo - Pontevedra).

En caso de estar interesado en participar nas reunións, pode realizar a inscrición na seguinte enlace:

 

Inscrición

 

Máis información: www.eciciiplus.org ou www.cep.es

 

Esta Misión inversa desenvólvese no marco do proxecto ECICII Plus para a Internacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.

Martes 19 de novembro de 2019, de 9:30 a 12:30 (descargar programa)

Lugar: CAMARA DE COMERCIO (VILAGARCÍA DE AROUSA)

Inscrición no email: http://circulo.gal/categorias/industria-y-empresa-4-0-las-claves-de-la-empresa-inteligente-encuentro-vilagarcia-de-arousa/

 

Espazo ‘ Tech Experience’ – Industria Intelixente. Mostra de servizos e tecnoloxías. 

9:30 Presentación / Benvida
9:45 Aposta pola Industria 4.0 das pemes galegas: representante Xunta (Igape)
10:00 Percorrido polas tecnoloxías habilitadoras da industria 4.0 a través do relato dun dinamizador e expertos en tecnoloxía: impresión aditiva, robótica colaborativa, realidade virtual/aumentada - (relatorio interactivo)
11:45 Coloquio coa participación do público
12:15- Networking profesional

Ao longo da xornada estableceranse encontros tecnolóxicos B2B: oportunidade para que as empresas se reunan persoalmente cos provedores de tecnoloxías.

 

Xoves 14 de novembro de 2019, de 9:30 a 12:30 (descargar programa)

Lugar: ASOCIACIÓN BOIRENSE DE EMPRESARIOS

Inscrición no email: http://circulo.gal/categorias/industria-y-empresa-4-0-las-claves-de-la-empresa-inteligente-encuentro-barbanza/

 

Espazo ‘ Tech Experience’ – Industria Intelixente. Mostra de servizos e tecnoloxías. 

9:30 Presentación / Benvida
9:45 Aposta pola Industria 4.0 das pemes galegas: representante Xunta (Igape)
10:00 Percorrido polas tecnoloxías habilitadoras da industria 4.0 a través do relato dun dinamizador e expertos en tecnoloxía: impresión aditiva, robótica colaborativa, realidade virtual/aumentada - (relatorio interactivo)
11:45 Coloquio coa participación do público
12:15- Networking profesional

Ao longo da xornada estableceranse encontros tecnolóxicos B2B: oportunidade para que as empresas se reunan persoalmente cos provedores de tecnoloxías.

 

A Red Localis en colaboración coa FEGAMP e a Xunta de Galicia a través do IGAPE organizan a “Xornada sobre a redución de cargas administrativas no exercicio de actividades económicas” o vindeiro 25 de outubro de 2019 no Salón de Graos da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Vida.

O obxectivo da xornada é o de analizar o marco normativo de aplicación en materia de acceso ao exercicio de actividades económicas, Lei 9/2013, de 19 de decembro, de emprendemento e da competitividade económica de Galicia e o Decreto 144/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos e examina as experiencias municipais na implantación das novas técnicas de intervención posterior.

As inscripcións son gratuitas e faranse no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando nome, apelidos e filiación. Data límite 24 de outubro ata ás 14:00hrs.

 Programa

Informámoslle que este venres 25 de outubro, a partir das 9:45 horas en Vigo, na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (avenida García Barbón, 104), terá lugar a xornada “BREXIT E EEUU: NOVO ESCENARIO DAS RELACIÓNS COMERCIAIS INTERNACIONAIS”.

Os asistentes poderán coñecer en dous relatorios cales son as chaves económicas e políticas que rexen o comercio internacional na actualidade, así como asistir a unha mesa de diálogo onde se debaterá como afectan ás relacións comerciais exteriores do tecido empresarial galego. Ademais, ofrecerase información sobre as ferramentas desenvoltas pola Xunta para apoiar a internacionalización das pemes galegas no actual contexto económico mundial.

Confirmación da asistencia no seguinte enlace: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 Programa

Martes 5 de novembro de 2019, de 9:30 a 12:30 

Lugar: AEVA

Inscrición no email: http://circulo.gal/categorias/industria-y-empresa-4-0-las-claves-de-la-empresa-inteligente-encuentro-o-barco-de-valdeorras/

 

Espazo ‘ Tech Experience’ – Industria Intelixente. Mostra de servizos e tecnoloxías. 

9:30 Presentación / Benvida
9:45 Aposta pola Industria 4.0 das pemes galegas: representante Xunta (Igape)
10:00 Percorrido polas tecnoloxías habilitadoras da industria 4.0 a través do relato dun dinamizador e expertos en tecnoloxía: impresión aditiva, robótica colaborativa, realidade virtual/aumentada - (relatorio interactivo)
11:45 Coloquio coa participación do público
12:15- Networking profesional

Ao longo da xornada estableceranse encontros tecnolóxicos B2B: oportunidade para que as empresas se reunan persoalmente cos provedores de tecnoloxías.

 

Webinar “Maquinaria 4.0”

Xoves, 10 Outubro 2019 11:55 Escrito por

Martes 15 de outubro de 2019, de 9:45 a 11:00

(Online vía webex)

Inscrición no email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  

O próximo 22 de outubro remata a convocatoria de propostas de desenvolvemento do programa “Maquinaria 4.0”. Trátase dunha consulta ás empresas industriais de Galicia para que definan proxectos de maquinaria ou bens de equipo para os que desexarían ter provedores galegos, co fin de escoller as 5 mellores propostas e apoiar o seu desenvolvemento. Toda a información do programa está neste enlace: http://www.igape.es/ser-mais-competitivo/maquinaria-4-0

Co fin de explicar o programa e resolver as dúbidas das entidades que poidan estar preparando propostas, o IGAPE convoca o próximo martes 15 de outubro unha reunión on-line (webinar) coa seguinte axenda:

9:45 – Conexión, presentación e probas de audio/vídeo

10.00 – Breve explicación do programa

10.15 – Debate e resolución de dúbidas.

11.00 – Remate do webinar.

Os interesados en asistir a esta sesión deben enviar un email ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para recibir as instruccións de conexión.

O sistema permite ata 24 prazas, que serán asignadas por orde de solicitude.

 

Páxina 1 de 10