Estamos preparando unha nova convocatoria deste tipo de programas. No caso de estar interesado pode darse de alta no link que se xunta para os efectos de poder informalo unha vez que se publique
Durante esta Xornada ofreceranse as claves de como facer negocios en Malasia e Singapur a través da visión e experiencia de expertos nos devanditos países.
Data: 14 de xullo de 2015
Lugar: MUPEGA, San Lázaro 107, Santiago de Compostela.
Horario: 9.15 - 14.00
No ámbito da Estratexia de internacionalización, vai desenvolverse o I taller Marketing Expertise, organizado polo Igape en colaboración da cátedra Jean Monnet da Universidade da Coruña e centrado na comercialización de tecnoloxía en mercados internacionais. O obxectivo deste primeiro taller é facilitar a especialización de capital humano de empresas TIC ou do sector de biotecnoloxía.
No marco do Programa Primeira Exportación, que impulsa o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) en colaboración coa Fundación Gas Natural Fenosa co obxectivo de facilitar os primeiros pasos para a exportación e orientar as accións preparatorias e iniciais do proceso de internacionalización, convocase:Xornadas técnicas en Vigo e A Coruña. Atopar Axente ou importador: Procura, identificación e negociación.
Durante a Xornada expoñeranse as claves para posicionar con éxito ás empresas galegas, especialmente do sector AgroAlimentario, Moda e TIC (cos seus produtos e/ou servizos) na Short List de marcas favoritas dos seus clientes obxectivo chineses, como "a marca" e o produto ou servizo a comprar para satisfacer as súas necesidades.
Na situación de recuperación actual, moitas das mellores oportunidades para as nosas empresas atópanse no exterior: mentres o mercado interior está a avanzar aos poucos, o mundo segue crecendo a máis velocidade. Con todo a internacionalización é un proceso moi complexo desde o punto de vista de negocio pero tamén desde o punto de vista do ámbito legal, fiscal ou laboral. Á parte dos retos financeiros e culturais, non debemos esquecer que en todo proxecto de internacionalización existen importantes aspectos legais e fiscais, algúns dos cales teñen unha influencia tan significativa que poderían carrexar o éxito ou fracaso da nosa misión.
Coñecer se existe un Tratado Bilateral de Protección Recíproca de Investimentos subscrito co país desde o que se inviste, que asegure ao investidor un tratamento non discriminatorio respecto ao recibido pola empresa local é clave. O mesmo que un bo contrato de Joint-venture cando se entra nun mercado exterior cun socio-local pode mitigar os riscos e multiplicar os beneficios dunha experiencia internacional. A cuestión impositiva converteuse no curso das últimas décadas en esencial de face á propia viabilidade dun determinado proxecto. En efecto, as consecuencias tributarias definen de forma obxectiva as posibilidades de facer negocios internacionalmente.
Resulta imprescindible que o correspondente plan de negocio contemple coa debida precisión todas as consecuencias fiscais materiais derivadas no país de destino da realización da actividade proxectada de acordo coa fórmula xurídica seleccionada. Frecuentemente as consecuencias tributarias condicionan e determinan a fórmula xurídica máis adecuada para conducir o negocio. Trátase dunha circunstancia especialmente relevante en relación con ordenamentos que non sexan debidamente neutrais e que favorecen unha fórmula concreta de establecemento fronte a outras figuras. Así, por exemplo, podemos atoparnos con ordenamentos que graven con maior severidade á filial que á sucursal, o cal condicionará indubidablemente a opción por unha ou outra fórmula legal.
Viernes, 10 de julio, Club Financiero, Avda. García Barbón 62, Vigo.
10:00 h. Recepción de asistentes e café de benvida.
10:30 h. Presentación.
10:35 h. Introdución ao programa Reacciona do IGAPE
10:50 h. Aspectos legais clave da internacionalización.
11:15 h. Aspectos fiscais clave da internacionalización.
11:40 Aspectos laborais clave da internacionalización.
12:00 h. Coloquio-Debate
12:10 h. Clausura

Xoves, 2 de xullo, Club Financeiro Atlántico, Avda. Salvador de Madariaga 76, A Coruña.
10:00 h. Recepción de asistentes e café de benvida.
10:30 h. Presentación.
10:35 h. Introdución ao programa Reacciona do IGAPE
10:50 h. Aspectos legais clave da internacionalización.
11:15 h. Aspectos fiscais clave da internacionalización.
11:40 h. Aspectos laborais clave da internacionalización.
12:00 h. Coloquio-Debate
12:10 h. Clausura
Acto de clausura no que ademáis se informará de novos programas e accións en liña cos resultados do Centro de Excelencia (primeira exportación, prospección de mercados, apoios á cooperación, licitacións, ...), que terá lugar:
Día: Luns 22 de xuño de 2015
Hora: 10.00h
Lugar: MUPEGA (San Lázaro, nº 107 Santiago de Compostela)
O taller está deseñado para ser un exercicio real de elaboración dun Plan de Exportación. Cada empresario traballará sobre o seu propio proxecto guiado polo relator.