Este quito encontro técnico contará coa participación do Dr. Joaquin Soucheiron, MBA polo IESE Business Scholl e aesor empresarial en bwcon, Breitscheidestrasse, Stuttgart. Experto multilingüe en "Lean Production" e "Lean Start-up e innovación. E "coach" acreditado para novas empresas de alta tecnoloxía conta cunha sólida experiencia internacional (Suecia, EE.UU., Bélxica, España, Alemaña) e cunha ampla experiencia de xestión en comercialización de productos en grandes compañías (Toyota, Samsung e Infineon) e na asistencia na adopción de novas tecnoloxías de fabricación innovadoras (BMW, Volkswagen, Audi, Skoda, EADS e ThyssenKrupp).
O evento tamén contará coa intervención do Dr. Jürgen Janovsky, profesor na Universidade de Pforzheim, responsable do desenvolvemento e xestión de proxectos de colaboración con empresas privadas e autoridades públicas. Experto en Xestión da Innovación, Transferencia de Tecnoloxía e Desenvolvemento de Pemes.
Data: 21 de setembro, a partir das 09:45 horas.
Lugar: Santiago, Sede do IGAPE, Complexo Adminsitrativo de San Lázaro, s/n 15703).
Data: 22 de setembro, a partir das 11:00 horas.
Lugar: A Coruña, CITIC Centro de Investigación TIC, Rúa o Canedo, 1, Campus de Elviña.
[ Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ]