Informámoslle que este venres 25 de outubro, a partir das 9:45 horas en Vigo, na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (avenida García Barbón, 104), terá lugar a xornada “BREXIT E EEUU: NOVO ESCENARIO DAS RELACIÓNS COMERCIAIS INTERNACIONAIS”.
Os asistentes poderán coñecer en dous relatorios cales son as chaves económicas e políticas que rexen o comercio internacional na actualidade, así como asistir a unha mesa de diálogo onde se debaterá como afectan ás relacións comerciais exteriores do tecido empresarial galego. Ademais, ofrecerase información sobre as ferramentas desenvoltas pola Xunta para apoiar a internacionalización das pemes galegas no actual contexto económico mundial.
Confirmación da asistencia no seguinte enlace: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.