Actualidade

O director do Igape, Javier Aguilera, participou hoxe na clausura e entrega de diplomas dos cursos Emprendex impulsados en colaboración coa Escuela de Organización Industrial e que serviron para a elaboración de 26 plans para empresas con vocación de chegar a mercados exteriores. O sector alimentario concentra o 35% dos proxectos elaborados, seguidos dos de consultaría (20%), turismo e ocio, e outros servizos.

 O director do Igape, Javier Aguilera, participa en Braga na presentación de ACEint, que acelerará empresas TIC orientadas a mercados internacionais. Prevese habilitar estruturas conxuntas de servizos e recursos que inclúen un sistema para detectar novas oportunidades de negocio. No desenvolvemento deste proxecto participan tamén a Universidade de Santiago e a axencia de desenvolvemento do norte de Portugal BICMiño.

 O director xeral do Igape, Javier Aguilera, mantivo un encontro co director do Ministerio de Economía de Taiwán, Timothy Tseng Chen Te, e coa directora do Consello para o Desenvolvemento do Comercio Exterior de Taiwán – TAITRA, Inés Wu, para explorar posibles acordos entre organizacións empresariais e compañías de ambos mercados. Economía e Industria confía en consolidar o crecemento das empresas galegas que exportan a ese mercado, 91 durante o ano pasado, un 28% máis ca o ano anterior.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, pechou a súa viaxe a Brasil impulsando un acordo coa Axencia de Desenvolvemento Económico de Pernambuco para promover relacións comerciais entre empresas do naval, TIC, auxiliar da automoción e enerxías renovables de ambos lados do Atlántico. Este protocolo súmase ao impulsado o pasado martes co Goberno de Río de Janeiro, que tamén busca intensificar as exportacións de Galicia ao país sudamericano.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, impulsou un acordo co Goberno do Estado de Río de Janeiro para dinamizar as relacións comerciais, e mantivo hoxe un encontro con empresarios de orixe galega asentados neste mercado. Un total de 288 empresas galegas exportaron o pasado ano a Brasil, un 17% máis que no exercicio anterior. Aguilera salienta a misión comercial en marcha como chave para incrementar a presenza galega no país sudamericano.