O director do Igape, Javier Aguilera, participa en Vigo na inauguración da xornada “Primeira exportación: un reto asumible para calquera Peme”, onde destaca que o instituto prestará o ano que ven especial atención aos servizos de formación e asesoramento para impulsar as exportacións, en liña coa Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020.
O director xeral do Igape, Javier Aguilera, participou na apertura dunha xornada destinada a facilitar a primeira exportación das pemes, impulsada pola Fundación Gas Natural Fenosa en colaboración coa Xunta. O seminario busca reforzar a presenza empresarial no exterior en liña coa Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega, co obxectivo de acadar os 23.000 millóns de euros en exportacións en 2020.
Javier Aguilera participou hoxe na apertura do II Foro Designing Future na Coruña, onde avanzou a próxima posta en marcha da Rede Galega de Investidores, clave no impulso a novos proxectos empresariais. Salienta que o Fondo Galicia Emprende contará con 5 millóns de euros en apoio ás iniciativas emprendedoras.
O director do Igape, Javier Aguilera, participou nun encontro organizado por Economía e Industria para facilitar contactos bilaterais con prescritores e profesionais especializados no deseño e equipamento integral de espazos de uso colectivo. As empresas galegas mantiveron reunións con representantes ou colaboradores de cadeas como Hilton, Marriot ou Mandarin Oriental Hotel Group. As exportacións de Galicia a Reino Unido superaron o ano pasado os 900 millóns de euros, un 22% máis que no ano anterior. Este ano xa exportaron ao mercado británico preto de 500 empresas, máis que durante todo o ano pasado.
O director do Igape, Javier Aguilera, salienta que a profesionalización na xestión das pemes, especialmente das de menor tamaño, é imprescindible para que poidan medrar e converterse nas “empresas que necesita unha Galicia competitiva”. Subliña que o programa, que impulsa a competitividade empresarial coa elaboración de diagnósticos gratuítos e a prestación de servizos avanzados, desenvolveu na primeira edición 519 proxectos correspondentes a 334 empresas. Destaca que o ReAcciona ten como obxectivo prioritario o de potenciar as competencias e habilidades do capital humano das empresas, para que as melloras introducidas na xestión poidan ter carácter permanente.