O Igape organizou, no marco de Conxemar, este primeiro encontro bilateral de empresas no marco do proxecto Galacteaplus. A actuación enmárcase na aposta integral da Xunta pola internacionalización do tecido empresarial galego.
A IV Semana da Canle Contract conta con especialistas deste ámbito de negocio en mercados como México, Marrocos, Estados Unidos, Colombia ou Oriente Medio. Estanse a celebrar preto de 150 encontros bilaterais cos expertos e contactos entre empresas galegas para estudar relacións de alianza e complementariedade. Os prescritores están a visitar empresas punteiras de ámbitos como a madeira e o moble, a iluminación, o vidro, as instalacións audiovisuais ou a pedra.
O director do Instituto, Javier Aguilera, participou hoxe na clausura dos cursos de especialización destinados a asegurar os avances das empresas galegas nos mercados exteriores. Máis do 30% das empresas participantes no programa que vén de rematar pertencen ao sector agroalimentario. O 43% dos proxectos realizados buscan consolidarse no espazo europeo, mentres que o 26% teñen como obxectivo América do Sur.
O novo programa facilitará operacións de financiamento comprendidas entre 100.000 e 300.000 euros, avaladas polo Igape e destinadas a achegar circulante para as pemes beneficiaria. Ao abeiro das bases que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia as empresas poderán presentar as súas solicitudes ata o 15 de novembro de 2015. As pemes auxiliares da construción naval poderán acceder así ao financiamento que precisen para o seu financiamento operativo no actual proceso de incremento de carga de traballo.
O director do Igape, Javier Aguilera, participou hoxe na recepción ofrecida na Cámara de Comercio de Tui á delegación empresarial procedente desa cidade. Salientou que as exportacións galegas a México medraron preto do 40% o ano pasado e que 50 empresas galegas están a implantarse nese mercado cooperando ao abeiro de 11 proxectos Primex apoiados polo Instituto.