Thursday, 18 October 2012 13:41

ANUNCIO de apertura de prazo de recepción de ofertas de empresas do sector conserveiro

postit-alfagemeApertura de prazo de recepción de ofertas de empresas do sector conserveiro como trámite informativo previo á adquisición de determinados bens de BERNARDO ALFAGEME, S.A.

Como consecuencia do abono de diversos avais, a Xunta de Galicia é acreedora de BERNARDO ALFAGEME, S.A., actualmente en concurso de acreedores. A Lei 22/2003, de 9 de xullo, Concursal, establece que sempre que sexa factible, o Plan de Liquidación deberá contemplar a enaxenación unitaria do conxunto dos establecementos produtivos de bens e servizos do concursado.

Polo tanto, é do máximo interese para o IGAPE a búsqueda dunha oferta que permita o mantemento da unidade produtiva, así como a afección dos postos de traballo necesarios para o desenvolvemento da actividade da empresa. Con este obxecto, publícase a convocatoria cuxos datos aparecen a continuación:

  • Título: Convocatoria para a recepción de ofertas de empresas do sector conserveiro como trámite informativo previo á adquisición de determinados bens de BERNARDO ALFAGEME, S.A.
  • Prazo de presentación de ofertas: quince días hábiles dende o 14 de setembro de 2012.
  • Lugar de presentación de ofertas: Edificio IGAPE - Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n. 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).
  • Teléfono de contacto: 981 541 147.
  • Texto completo do anuncio en formato PDF: Descargar

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments