O Programa Primeira Exportación, orientado a pemes que queren empezar a exportar, é gratuito e ofrece asesoramento, titoría e formación. Nestas xornadas técnicas haberá relatorios específicos sobre a procura dos socios axeitados dentro do proceso global da exportación e sobre os instrumentos financeiros e os servizos axeitados para avanzar neste ámbito.
Perfil dos asistentes aos que van dirixidas estas xornadas:
- Empresarios e xerentes de PEMES que desean iniciarse na exportación.
- Xefes e directores de exportación e ventas con responsabilidade en mercados exteriores.
- Responsables noveles de exportación de pemes que desean unha tutoría para encauzar a súa labor.
- Xoves profesionais que desexen encauzar a súa vida laboral no ámbito da internacionalización empresarial. Polo que respecta a estos profesionais, o Igape presentará nestas xornadas o novo programa de bolsas de promoción exterior e outros programas para facilitar a inserción deste tipo de profesionais en empresas que se están iniciando na internacionalización nos que está a traballar para unha próxima convocatoria.
Máis información: www.fundaciongasnaturalfenosa.org