Xoves, 30 Xaneiro 2020 10:41

Xornadas de atención personalizada axudas de internacionalización - FEBREIRO - MARZO

Escrito por 

AVISO XORNADAS DE ATENCION PERSONALIZADA  AXUDAS DE INTERNACIONALIZACIÓN.

A partir do próximo luns 16 de marzo, as súas consultas serán atendidas telefonicamente,  para ser atendido nas Xornadas dos días:

Luns 16 de marzo: Santiago.
Mércores 18 de marzo: Pontevedra.
Luns 23 de marzo: Santiago.
Mércores 25 de marzo: Vigo.
Venres 27 de marzo: Pontevedra.

Por favor inscríbase igualmente reservando a súa cita. Un técnico da área de internacionalización chamarao na hora reservada para prestarlle información e asesoramento sobre as axudas de internacionalización. Non esqueza indicar o numero de teléfono no que quere recibir a nosa chamada.

Moitas grazas pola súa colaboración

 


 

Coa intención de apoiar a transformación dixital para a internacionalización o Igape convoca un novo programa de subvenciós para o desenvolvemento e implantación de programas de internacionalización dixital das empresas, as bases reguladoras do Galicia Exporta Dixital publicaronse no DOG do 24 de xaneiro de 2020 rematando o prazo de solicitude o 24 de marzo de 2020 para a súa primeira convocatoria.

Así mesmo no DOG  do 29 de xaneiro publícanse as novas convocatorias 2020-2021 das  bases reguladoras das axudas de Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios. O prazo de solicitude para estas dúas axudas é de dous meses dende a data de publicación no DOG.
 
Co obxecto de prestarlle información e asesoramento personalizado sobre as axudas de internacionalización do IGAPE, (Galicia Exporta Dixital, Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios) poñemos a súa disposición o equipo técnico da área de internacionalización para unha reunión persoal.

Pode solicitar cita para concretar a súa reunión nas cidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo.

Reserva datas das xornadas de atención personalizada

[ABERTAS RESERVAS DE SESIÓNS PARA FEBREIRO E MARZO]

Ferrol: 5 febreiro, 17 febreiro, 9 marzo
A Coruña: 10 febreiro,19 febreiro, 2 marzo, 13 marzo
Santiago de Compostela: 3 febreiro, 26 febreiro, 16 marzo, 23 marzo
Lugo:  28 febreiro, 4 marzo
Ourense: 21 febreiro, 6 marzo
Pontevedra: 12 febreiro, 18 marzo, 27 marzo
Vigo: 7 febreiro, 14 febreiro, 4 marzo, 11 marzo, 25 marzo

 

Como socio do Proxecto ECICII PLUS, o IGAPE colabora na difusión da "Misión inversa de importadores de México", organizada por AEP-Associação Empresarial de Portugal, Câmara de Comércio e Indústria, socio portugués do Proyecto ECICII PLUS.

No marco desta misión inversa, os importadores mexicanos visitarán Galicia os días 20 e 21 de novembro e celebrarán reunións B2B con empresas galegas dos sectores Contract, Agroalimentario e Kis.

As reunións terán lugar na sede da CEP (García Barbón, 104 – C.P. 36201 Vigo - Pontevedra).

En caso de estar interesado en participar nas reunións, pode realizar a inscrición na seguinte enlace:

 

Inscrición

 

Máis información: www.eciciiplus.org ou www.cep.es

 

Esta Misión inversa desenvólvese no marco do proxecto ECICII Plus para a Internacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.

Leer 16779 veces Modificado por última vez en Xoves, 12 Marzo 2020 12:26

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios