Dirixido a: Empresas peme da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que van iniciar o seu proceso de internacionalización.
Aforamento Limitado: 20 empresas por taller.
Datas e Lugar de celebración:
- Santiago de Compostela, 06/06/2018 (09.00 h a 13.00 h). Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n 15703. Santiago de Compostela
- A Coruña, 06/06/2018 (16.00 h a 20.30 h). Xunta de Galicia - Edificio administrativo 2ª planta. A Coruña
- Lugo, 07/06/2018 (09.00 h a 13.00 h. Xunta de Galicia – Edif Adtvo., baixo. Ronda da Muralla 70, 27071 Lugo
[Na páxina de inscrición debe selecionar a data correspondente ao taller que desexa (Santiago, A Coruña ou Lugo]
Asistencia gratuíta previa inscrición.
CONTIDO DO TALLER:
- Primeira parte: Expóñome abrir mercado no exterior. Primeiros pasos: riscos e oportunidades a ter en conta, localización de apoios ao proceso de internacionalización, produto/servizo a exportar, selección de mercados, preparación para a participación en feiras internacionais e misións comerciais, .....
- Segunda parte: Autoanálisis do potencial exportador da miña empresa. Individual e confidencial. Estes talleres celébranse no marco do proxecto ECICII Plus para a nternacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal ( POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.
Para as empresas participantes nestes talleres que reflictan un claro potencial como empresa exportadora, o IGAPE poñerá á súa disposición a elaboración posterior dun Informe de Diagnóstico personalizado, no que se incluirá un apartado de recomendacións a ter en conta e orientación sobre os mercados que lle poidan resultar de maior interese.
Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.