Este seminario, especialmente orientado a empresas con capacidade de prestar servizos ou vender bens a nivel internacional, procura facilitar o posicionamento das empresas galegas fronte aos mercados multilaterais, con especial énfase en América Latina.
A organización deste seminario realízase no marco do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o fomento da internacionalización do tecido produtivo galego mediante a Rede de Plataformas Empresariais Galegas no Exterior (Pexga) e o Servizo de Licitacións Internacionais (Salt), que establece como obxecto do mesmo o asegurar unha maior presenza das empresas e institucións galegas no exterior.