Venres, 21 Abril 2017 09:57

I Foro Investimento Proxectos Coworking IGAPE_EOI

Escrito por 

A Sala Eisenman da Cidade da Cultura acollerá, o próximo 28 de abril e a partir das 10 horas, o I Foro de investimento no que se presentará unha selección dos proxectos emprendedores que participaron na primeira edición dos espazos coworking impulsados conxuntamente pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escola de Organización Industrial (EOI).

Ademais de expoñer os seus proxectos, os emprendedores participantes poderán contactar con potenciais investidores. Previamente, as empresas e emprendedores asistentes a este I Foro terán a oportunidade de coñecer experiencias de captación de investimento, que correrán por conta dos impulsores de proxectos como Monet e Eccocar.

Data : venres 28 de abril de 2017

Horario: 09:30 - 13:00

Lugar: Sala Eisenman, Cidade da Cultura | Santiago de Compostela

[ Descargar Invitación ]

[ Descargar Programa ]

Programa:

  • 09:30 h ACREDITACIÓN E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN
  • 10:00 h BENVIDA E INICIO DO ACTO
  • 10:05 h EXPERIENCIAS DE CAPTACIÓN DE INVESTIMENTO
    • Débora Franco, MONET
    • Iván Luarca, ECCOCAR
    • Fernando Bayón, Director xeral da Escuela de Organización Industrial
    • Francisco Conde, Conselleiro Economía, Emprego e Industria
  • 10:30 h PRIMEIRA ROLDA PRESENTACIÓN DE PROXECTOS
    • STARDRONES
    • S.COOP.GALEGA TERRAS DA MARIÑA
    • WORK ON SUNDAY (WOS)
    • CASA DA FONTE
  • 11:30 h COFFEE_NETWORKING
  • 12:00 h SEGUNDA ROLDA PRESENTACIÓN DE PROXECTOS
    • VITASER,SL
    • GALIWONDERS
    • ALAZIA COUTURE
  • 13:00 h FIN DO ACTO
    Leer 21358 veces Modificado por última vez en Venres, 21 Abril 2017 12:35

    Compartir en redes sociais

    Inicia sesión para enviar comentarios