O venres, día 9 de outubro, na sede da Fundación Barrie, desenvolverase a Xornada Galicia Emprende, impulsada polo Igape en colaboración coa Escuela de Organización Industrial e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, co obxectivo de impulsar a iniciativa emprendedora e a consolidación de novos proxectos empresariais.
Os emprendedores poderán asesorarse en marketing, finanzas e estratexia empresarial e internacional, así como grabar en vídeo os seus proxectos. Realizaranse ademais talleres de comunicación do plan de negocio e de coaching.
Por outra banda, terá lugar unha charla de financiamento e unha mesa redonda con experiencias de emprendedores.
A xornada forma parte dun ciclo de encontros arredor do emprendemento que, cuio próximo evento celebrarase en Vigo e nun Foro de Emprendemento en Santiago.
Programa xornada A Coruña
Inscrición (gratuíta)