Xoves, 30 Abril 2015 09:31

Encontro coa Plataforma Empresarial de Galicia en México

Escrito por 

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a  Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) invitámoslle a participar no Encontro coa Plataforma Empresarial de Galicia en México (Pexga México), que terá lugar os vindeiros días 5, 6 e 7 de maio nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo.

 

O martes día 5, D. Fernando Rivadeneyra, director adxunto da Plataforma Empresarial de Galicia en México, e D. Tirso de la Torre Sánchez, socio da firma de avogados Rivadeneyra Treviño & De Campo, impartirán unha conferencia sobre “Empresas Españolas en México e Estado de Dereito”. Abordarán diferentes áreas de interese do dereito mercantil, tributario, laboral e migratorio, licitacións e procesos de expatriación en México, co obxectivo de transmitir a experiencia que poida ter unha empresa galega neste país. Trala súa exposición, os asistentes poderán entablar un coloquio cos dous expertos.

O xoves día 7, en Vigo, desenvolverase o taller “¿Por qué México? Visión Xeral sobre Sectores de Oportunidade”, no que se ofrecerá aos asistentes unha aproximación ás oportunidades actuais de negocio, ás fortalezas comerciais e ás posibilidades de implantación das empresas.

En ámbalas dúas cidades, os días 6 e 7 poderán manterse encontros bilaterais co director adxunto de Pexga México, a través dos que as empresas interesadas no mercado mexicano poderán entrevistarse individualmente con D. Fernando Rivadeneyra. Nestas reunións, dunha duración aproximada de 20-25 minutos, os asistentes contarán coa posibilidade de formularlle as cuestións que consideren oportunas, así como coñecer de primeira man de que xeito os servizos que ofrece a Plataforma Pexga en México lles poden ser útiles.

Pode consultar o programa completo: Programa

Si está interesado en participar, agradecémoslle que nos remita un correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , co asunto “Encontro Pexga México 5-7 de maio de 2015” e nos facilite,  ademais dos datos de empresa e persoa que asiste (nome, cargo e datos de contacto), a seguinte información:

  • Si desexa asistir a conferencia Empresas Españolas en México e Estado de Dereito, que se celebrará o día 5 en horario de 10:00 a 12:30h en Santiago de Compostela.
  • Si desexa asistir ao taller ¿Por qué México? Visión Xeral sobre Sectores de Oportunidade que se celebrará o día 7 en horario de 9:30 a 11:00 h en Vigo.
  • Si desexa entrevistarse co director adxunto da Plataforma Pexga en México, en que cidade e a súa preferencia horaria.

 

As prazas son limitadas e será imprescindible estar previamente rexistrado na web da Rede Pexga, así como aceptar a política de privacidade desta.

Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)
Centro de Coordinación Rede Pexga
Rúa do Vilar, 54 | 15705 Santiago de Compostela (España)
Tel.: +34 981 555 888 | Fax: +34 981 555 882
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | www.pexga.es

Leer 81009 veces

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios