Mércores, 18 Marzo 2015 11:23

Encontro coa Plataforma Empresarial de Galicia en Marrocos

Escrito por 

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) invitámoslle a participar nun novo Encontro co Director da Plataforma Empresarial de Galicia en Marrocos (Pexga Marruecos), D. David Garay Mazón, que terá lugar o martes día 24 de marzo de 2015 na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (Rúa del Villar, 54, 15705 Santiago de Compostela).

O pasado 14 de xaneiro xa celebramos un Encontro co Director Pexga de Marrocos. Nesta ocasión, dándolle continuidade e ante o grande interese espertado, realizaremos un novo punto de encontro con especial incidencia nas oportunidades comerciais e de investimento que se abrirán no país para as empresas galegas como consecuencia do marco favorable ao investimento estranxeiro e a gran mobilización de fondos por parte dos organismos internacionais.

Desta forma, as empresas interesadas no mercado marroquí poderán entrevistarse individualmente con D. David Garay. Nestas reunións, dunha duración aproximada de 20-25 minutos, os asistentes contarán coa posibilidade de formularlle as cuestións que consideren oportunas, e coñecer de primeira man de que forma os servizos que ofrece a Plataforma Pexga en Marrocos lles poden ser útiles. O horario previsto para a realización destas sesións será de 09:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:00 horas.

Se está interesado en participar, agradeceriámoslle que nos remita un correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , co asunto "Encontro Pexga Marruecos 24 de marzo de 2015" e indicando o seu interese en entrevistarse co Director da Plataforma Pexga en Marrocos.

As prazas son limitadas.

Leer 83752 veces Modificado por última vez en Mércores, 18 Marzo 2015 11:29

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios