Contido dos talleres:
- Búsqueda de información para internacionalización: procedementos e técnicas de búsqueda de información sobre comercio internacional na web. Ao remate do taller, os técnicos das empresas asistentes disporán dunha metodoloxía de búsqueda de información e dunha ferramenta práctica en formato dixital para a selección de mercados exteriores, realización de estudios, localización de clientes internacionais, a internacionalización por vías complementarias on line market places, licitacións internacionais, ...
- Licitacións multilaterais: O programa plantexase en dous bloques diferenciados; impartición dun taller de 4 horas de duración e reuniónes individuais coas empresas participantes no mesmo, cunha duración de unha hora. Unha vez realizada a visión global do mercado e dos procedimentos das institucións, o taller centraráse en ensinar ás empresas participantes a identificar oportunidades de negocio a través de diferentes fontes directas e indirectas e mediante o uso da documentación xenerada polas institucións nas diferentes fases do ciclo.
Asistencia gratuita previa inscripción.
Aforo Limitado: 20 empresas por taller
Os participantes deberán dispoñer dun dispositivo móvil para acceder a internet.
Estos talleres celebranse no marco do proxecto ECICII Plus para a internacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.
Como socio do Proxecto ECICII PLUS, o IGAPE colabora na difusión da "Misión inversa de importadores de México", organizada por AEP-Associação Empresarial de Portugal, Câmara de Comércio e Indústria, socio portugués do Proyecto ECICII PLUS.
No marco desta misión inversa, os importadores mexicanos visitarán Galicia os días 20 e 21 de novembro e celebrarán reunións B2B con empresas galegas dos sectores Contract, Agroalimentario e Kis.
As reunións terán lugar na sede da CEP (García Barbón, 104 – C.P. 36201 Vigo - Pontevedra).
En caso de estar interesado en participar nas reunións, pode realizar a inscrición na seguinte enlace:
Máis información: www.eciciiplus.org ou www.cep.es
Esta Misión inversa desenvólvese no marco do proxecto ECICII Plus para a Internacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.