O prazo de presentación finalizou o 31/10/2012

SUBVENCIÓNS AO SECTOR CULTURAL (AGADIC)

Finalidade / Obxectivo

Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción das industrias culturais, dentro do marco das competências deste organismo, e proceder á súa convocatoria para este ano 2012.

Tipos de apoio

As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as que seguen:

A. Subvencións á actividade escénica.
a.1. Subvencións a empresas de nova creación.
a.2. Subvencións á produción de espectáculos de pequeno formato.
a.3. Subvencións á produción de espectáculos de mediano formato.
a.4. Subvencións á produción de espectáculos de gran formato.
a.5. Subvencións á produción de espectáculos de novas tendencias, contemporáneos ou de autor.

B. Crédito-cultura.

C. Subvencións a salas de teatro e artes escénicas de titularidade privada.

D. Subvencións á distribución.
d.1. Subvencións á distribución exterior.
d.2. Subvencións para a asistencia a feiras e outras plataformas de distribución.
d.3. Subvencións á distribución interior.
E. Subvencións ao asociacionismo profesional.

Beneficiarios potenciais

Para as liñas A,B,C,D: Persoas físicas e xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, que cumpran os requisitos específicos que se sinalan nesta resolución para cada modalidade de subvención.
Para a liña E: Asociacions sen ánimo de lucro.

Requisitos principais do proxecto

A. Subvencións á actividade escénica
a.1. Subvencións a empresas de nova creación.
a.2. Subvencións á produción de espectáculos de pequeno formato.
a.3. Subvencións á produción de espectáculos de mediano formato.
a.4. Subvencións á produción de espectáculos de gran formato.
a.5. Subvencións á produción de espectáculos de novas tendencias, contemporâneos ou de autor.
Para os efectos desta convocatoria de axudas, terán a consideración de actividade escénica o teatro de actor, teatro de monicreques,o circo, a danza, a maxia e a lírica. Os requisitos xerais para os tipos ou variantes de subvención son:
– Acreditación da dedicación profesional á actividade teatral, da danza ou da maxia. No caso de sociedades, ter social ou estatutariamente como obxecto social o desenvolvemento de actividades de artes escénicas.
– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas na epígrafe ou subepígrafe correspondente, no exercicio económico 2012.
– Domicilio, sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
No suposto da modalidade a.1 (empresas de nova creación), ademais dos requisitos anteriores, é preciso que a antigüidade da compañía non sexa superior aos 5 anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizarase desde a última data da alta no IAE, na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.

B. Crédito-cultura

Requisitos do beneficiario:
– Ter social ou estatutariamente como obxecto social a produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural.
– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas (IAE) na epígrafe e/ou subepígrafe correspondente, no vixente exercicio 2012.
– Ter a sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autônoma de Galicia.

Requisitos do crédito ou préstamo:

Créditos ou préstamos a xuro fixo ou variable, que cumpran as seguintes condicións:
– Estar destinados ao financiamento dun programa de actividades relacionadas coa produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural de interese sociocultural.
– Prazo de amortización non superior aos 3 anos

C. Subvencións a salas de teatro e artes escénicas de titularidade privada.

– Salas e teatros de titularidade privada, con capacidade non superior ás 250 prazas e cunha programación estable ou o apoio á creación de espectáculos relacionados coas artes escénicas en xeral. Excluiranse deste ámbito as salas ou teatros cuxa titularidade pertenza a asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro.

D. Subvencións á distribución.

a) Modalidade D.1. (Subvencións para a distribución exterior de espectáculos de artes escénicas e musicais producidos por empresas galegas): persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Modalidade D.2. (Subvencións para a asistencia a feiras e mercados culturais): persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais, con domicilio, sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais.
c) Modalidade D.3. (Subvencións para a distribución de espectáculos no territorio da comunidade autónoma): persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con domicilio ou sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

E. Subvencións ao asociacionismo profesional.
– Ausencia de ánimo de lucro.
– Ter social ou estatutariamente como obxecto social a promoción de produtos culturais, en todas as súas modalidades, para a defensa dos intereses das empresas e profesionais destes ámbitos.
– Estar inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais da Consellería de Traballo.
– Sede ou domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito de actuación autonómico.

Investimentos ou gastos computables

Liña A.

Custos relativos á produción conforme o plan económico financeiro aprobado, con data comprendida entre o 1 de xaneiro de 2012 (sempre que non fosen gastos subvencionados na convocatoria de 2011) e a data da estrea, incluíndose:
– Gastos de persoal artístico (máximo 60% do total do proxecto).
– Gastos de produción (escenografía, vestiario/figurinos, deseño de luminotecnia, música, realización do atrezzo, etc.). Os gastos deberán corresponder co proxecto presentado (máximo 30% do proxecto).
– Aluguer dos locais de ensaio (máximo tres meses).
– Gastos de promoción e publicidade, de acordo co orzamento presentado (máximo 10% do proxecto).
– Dereitos de autor.
– Gastos financeiros.
– Gastos xerais de mantemento e xestión (ata un máximo do 7% sobre os custos totais).
– Axudas de custo, transporte e/ou outras indemnizacións, conforme as tarifas máximas establecidas no convenio colectivo de actores e actrices de Galicia.


*Sen prexuízo da posible presentación de máis dun proxecto distinto por un mesmo solicitante, só poderá ser obxecto de subvención nesta modalidade (A. Subvencións á actividade escénica) un proxecto por persoa física ou xurídica. A persoa solicitante poderá establecer unha orde de prelación sobre os proxectos presentados, que a comisión de valoración terá en conta no caso de que varios proxectos se consideren subvencionables.
Non poderán presentar o mesmo proxecto distintas empresas ou entidades. Non poderá presentarse un mesmo proxecto a distintas modalidades.

Liña B:
Créditos ou préstamos a xuro fixo ou variable, que cumpran as seguintes condicións:
– Estar destinados ao financiamento dun programa de actividades relacionadas coa produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural de interese sociocultural.
– Prazo de amortización non superior aos 3 anos.

Liña C:
Custos relativos ao funcionamento e programación da sala con data comprendida entre o 1 de novembro de 2011 e o 31 de outubro de 2012, incluíndose entre eles:
– Gastos fixos de funcionamento da sala (alugamentos, subministracións, gastos correntes e de servizos, reparacións e mantemento, gastos do persoal estable adscrito á sala...).
– Gastos propios da programación de artes escénicas (pagamentos por espectáculos, servizos asociados, gastos de publicidade e promoción, márketing, etc.).
– Gastos financeiros.

Liña D:

– Modalidade D.1: o correspondente aos gastos de desprazamento, transporte, mantenza e aloxamento do persoal artístico (músicos/actores/bailaríns/manipuladores) e técnico necesarios para a distribución do espectáculo, co límite equivalente ao importe do contrato de distribución. No caso de contratación a billeteira, o importe do contrato calcularase mediante o produto entre a porcentaxe da billeteira que percibirá a compañía, o prezo médio de entrada e o 60% da capacidade do local. A modalidade de contratación a billeteira unicamente
será válida para actuacións en España e Portugal.
– No caso de xiras:
Os días relativos ás viaxes de ida e volta, os días de representación artística e os días intermedios, cun tope de día intermedio por data de representación artística.
– Gastos de transporte:
Enténdese por transporte aqueles gastos referentes ao desprazamento dos materiais precisos para o desenvolvemento da actividade. Será necesaria a presentación das correspondentes facturas, en que se fará referencia clara ao motivo do transporte e ao material transportado.

– Modalidade D.2: o correspondente aos gastos derivados da asistencia á feira ou mercado cultural, incluídos os de desprazamento, transporte, aloxamento, mantenza (segundo os máximos reflectidos para a modalidade D.1), así como dereitos ou cotas de asistencia e alugamento de espazos de exhibición, co límite equivalente ao 60% sobre o custo total e co máximo de 4.000 euros por feira e 25.000 euros anuais por solicitante.

– Modalidade D.3: apoio á distribución de espectáculos de artes escénicas dentro da comunidade autónoma. A Agadic subvencionará ata o 100% dos custos de persoal artístico e técnico (nóminas e Seguridade Social) necesario para a representación, correspondentes á data da súa realización, cos límites marcados nas bases reguladoras.

Liña E:
Custos relativos ao funcionamento (ata o 50% do total concedido) e programación de actividades (ata o 50% do total concedido) con data comprendida entre o 1 de xaneiro e 31 de outubro de 2012, incluíndose entre eles:
– Gastos de persoal.
– Gastos correntes.
– Gastos de desenvolvemento da programación de actividades.
– Gastos de promoción e publicidade.
– Gastos de material de edición e difusión.
– Gastos xerais de mantemento e xestión.
– Gastos de asistencia a feiras profesionais do sector.
– Axudas de custo e outras indemnizacións (ata un máximo do 7% dos custos totais).

Contía das axudas

Liña A:
Só se admitirán orzamentos que non superen as seguintes contías:
– Proxectos presentados por empresas de nova creación (a.1): 15.000 euros.
– Proxectos presentados para espectáculos de pequeno formato (a.2): 30.000 euros.
– Proxectos presentados para espectáculos de mediano formato (a.3): 60.000.
– Proxectos presentados para espectáculos de gran formato (a.4): 80.000 euros.
– Proxectos presentados para espectáculos de novas tendencias, contemporáneos ou de autor (a.5): 30.000 euros.
Subvención: Ata o 85% na modalidade a.1 e ata o 70% para a.2, a.3, a.4 e a.5

Liña B: O importe da axuda cubrirá a comisión de apertura e estudo, así como xuros pagados entre o 1 de outubro de 2011 e o 30 de setembro de 2012 por créditos ou préstamos formalizados con entidades financeiras para o financiamento de circulante da empresa, sen que en ningún caso o importe da subvención poida ser superior a 3.000 euros ao ano por todos os conceptos, e por solicitante, independentemente do número de operacións de préstamo bancario de que sexa titular.

Liña C: Dotación unitaria mínima de 10.000 euros e máxima de 50.000 euros, co límite do 50% dos ingresos obtidos no exercicio inmediatamente anterior. No caso de salas de nova creación (máximo 2 anos de actividade), nas cales os ingresos brutos do exercicio anterior sexan inferiores a 30.000 euros, a subvención concedida terá o importe máximo de 15.000 euros.

Liña D:
– Modalidade D.1: o correspondente aos gastos de desprazamento, transporte, mantenza e aloxamento do persoal artístico (músicos/actores/bailaríns/manipuladores) e técnico necesarios para a distribución do espectáculo, co límite equivalente ao importe do contrato de distribución. Para espectáculos de artes escénicas, ademais, a axuda incrementarase co 15% do caché da compañía.
– Modalidade D.2: o correspondente aos gastos derivados da asistencia á feira ou mercado cultural, incluídos os de desprazamento, transporte, aloxamento, mantenza (segundo os máximos reflectidos para a modalidade D.1), así como dereitos ou cotas de asistencia e alugamento de espazos de exhibición, co límite equivalente ao 60% sobre o custo total e co máximo de 4.000 euros por feira e 25.000 euros anuais por solicitante. – Modalidade D.3: apoio á distribución de espectáculos de artes escénicas dentro da comunidade autónoma. A Agadic subvencionará ata o 100% dos custos de persoal artístico e técnico (nóminas e Seguridade Social) necesario para a representación, correspondentes á data da súa realización, cos límites sinalados nas bases.

Liña E: Concederase unha dotación unitaria máxima de 20.000 euros por entidade beneficiaria, sen que poida superar o 50% do total dos gastos que se realicen, nin o 70% dos ingresos totais da entidade no exercicio 2011. Do importe total concedido, o 50% da axuda estará destinada ao financiamento das actividades propostas pola asociación no seu proxecto de programación, e o 50% restante aos gastos xerais de funcionamento do solicitante.

Prazo de presentación de solicitudes

Liñas A, C , E: 21 de Maio de 2012

Liña B: as solicitudes deberanse presentar no prazo máximo dun mes desde a formalización dos préstamos obxecto de subsidio e, en todo caso, com anterioridade ao 30 de setembro de 2012. Para os préstamos formalizados con anterioridade á data de publicación desta resolución de convocatoria de subvencións, o prazo de solicitude será dun mes, contado a partir do día seguinte á data da súa publicación.

Liña D: as solicitudes deberanse presentar, en todo caso, con anterioridade ao 31 de outubro de 2012.

D1 e D2, para os espectáculos distribuídos entre o 1 de novembro de 2011 e a data de publicación desta resolución de convocatoria de subvencións, o prazo de solicitude será dun mes, contado a partir da data de publicación.Para os espectáculos distribuídos a partir da data de publicación da convocatoria, o prazo comezará transcorrido un mes desde a dita publicación, e rematará o 31 de outubro de 2012.

D3, o prazo de solicitude será dun mes, contado a partir da data de publicación,e rematará o 31 de outubro de 2012.

Incompatibilidades

1. O importe das subvencións reguladas nesta resolución en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas ou patrocinios concedidos por outras administracións públicas ou entes públicos, autonómicos, nacionais ou internacionais, superen o 100% do custo da actividade subvencionada que desenvolverá o beneficiario, isto sen prexuízo das particularidades e especificidades previstas para cada tipo ou modalidade de axuda, previstas nas cláusulas que seguen.

2. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de subvención previstos nestas bases. Así mesmo, os gastos subvencionados non poderán servir como xustificación a subvencións de distintas convocatorias ou que afecten varios exercicios económicos, salvo nos casos expresamente previstos nestas bases.
3. Cando os proxectos, actuacións ou actividades obxecto de subvención fosen financiados, ademais, con fondos propios ou con outras subvencións ou recursos, deberase acreditar na xustificación que se achegue o importe, a procedencia e a aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

4. O beneficiario dunha subvención da Agadic unicamente poderá subcontratar total ou parcialmente a actividade subvencionada ata o 50% do seu importe, e en ningún caso poderá subcontratar unha única persoa física ou xurídica por máis do 25% do importe total da subvención outorgada, nin tampouco se poderán subcontratar as actividades que, aumentando o custo do proxecto subvencionado, non acheguen valor engadido ao seu contido.

Referencia lexislativa

Resolución do 13 de abril de 2012 (DOG Nº 75 de 19/04/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012

Información e tramitación en

1. As solicitudes de subvencións dirixiranse ao director da Agadic e deberanse axustar ao modelo publicado no anexo I desta resolución. Tamén se poderán presentar electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo: http://www.xunta.es/sede-electronica.

2. Estas bases, así como as solicitudes e os anexos que se xuntan, estarán dispoñibles nas dependencias desta axencia e na súa páxina web, e tamén quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Agadic e debidamente publicadas no Diario Oficial de Galícia (DOG).

Observacións

As solicitudes valoraranse polos servizos da Dirección Xeral de Promoción Cultural, segundo os seguintes criterios:
- Importancia e interese cultural dos proxectos, valorados especialmente os que contribúan á difusión da cultura galega.
- Ámbito territorial e social do proxecto.
- Carácter continuado, así como a súa proxección social.
- Valoración económica do proxecto.