O director xeral do Igape, Javier Aguilera, reuniuse con representantes de 12 proxectos nos que cooperan 70 empresas para entrar nos mercados de Brasil, México, Panamá e República Dominicana. Con este plan orientado especialmente ás pemes promóvense proxectos de primeira implantación comercial en mercados exteriores impulsados por agrupacións de polo menos tres empresas, ou por asociacións que representen a máis de cinco empresas implicadas.
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mantivo un encontro con representantes da empresa Ceamsa no que destacou “o esforzo permanente” desta compañía de O Porriño por innovar e saír aos mercados exteriores co apoio de diferentes liñas do Igape.
O director do Instituto Galego de Promoción Económica presentou en Braga os resultados acadados por este programa europeo transfronteirizo liderado polo Instituto. Máis de 250 emprendedores e empresas participaron nos talleres especializados en xestión de empresas biotecnolóxicas. 35 bioemprendedores de Galicia e do Norte de Portugal recibiron asesoramento para trasladar ao mercado as súas ideas.
O director xeral do Igape, Javier Aguilera, reuniuse con directivos da firma de Lalín, que vén de solicitar a implantación de servizos avanzados de mellora competitiva, no marco do Plan ReAcciona. A empresa téxtil deseña e produce nas súas instalacións e exporta a mercados exteriores como Francia, Portugal, Reino Unido, México ou Rusia.
O director xeral do Igape, Javier Aguilera, destacou a oportunidade profesional que ofrece este programa aos seleccionados entre preto de 700 solicitantes, que participarán na implantación dos servizos avanzados que ofrece o plan Reacciona ás pemes para obter melloras competitivas concretas. Os seleccionados incorporaranse progresivamente, en función dos servizos solicitados polas empresas e das súas titulacións, para procurar a maior especialización e eficacia do Programa.