A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, asina un acordo de colaboración coas dúas Sociedades de Garantía Recíproca galegas e sete entidades bancarias para favorecer o apoio financeiro ao tecido produtivo. O director do Igape, Juan Cividanes, destaca que permitirá operacións comprendidas entre 3000 euros e un millón para mellorar a situación financeira do tecido empresarial. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a nova convocatoria do Galicia Inviste, que achegará financiamento a 120 iniciativas que suman 35 millóns de euros. As dúas liñas de axudas enmárcanse no Plan de financiamento empresarial, mediante o que o Goberno galego apoiará este ano 1900 proxectos de emprendedores e empresas galegas.
Cunha dotación inicial dun millón de euros, esta medida achegará plans de continxencia ao tecido empresarial galego, con especial atención ás pemes. A Xunta activa un paquete de accións que tamén inclúe un servizo de consultoría que contará cunha oficina en Londres. Todas estas iniciativas da Consellería de Economía, Emprego e Industria complementan á Plataforma Brexit Galicia, xa en funcionamento e que ten permitido a máis de 100 compañías realizar un autodiagnóstico. Máis de 500 empresas galegas venderon os seus produtos ao mercado británico entre xaneiro e novembro do ano pasado, por un valor total de 1400M€.
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a última convocatoria do programa, que financiará investimentos estratéxicos, en transporte de mercancías que utilicen combustibles alternativos e o desenvolvemento de proxectos e infraestruturas de uso compartido por parte de asociacións empresariais. Inclúe a nova liña de axudas destinada a apoiar as empresas auxiliares do sector naval, que ata agora leva aprobados 17 préstamos. Enmárcase dentro do Plan de financiamento empresarial de Galicia, que en 2020 achegará 103 M€ para facilitar o financiamento a 1900 proxectos que mobilizarán 300 M€.
O Plan de financiamento empresarial de Galicia para 2020 dispón de 103 millóns de euros para facilitar o acceso ao crédito e que na Comunidade se asenten novas empresas, de maior tamaño e máis innovadoras. Enmarcado no obxectivo de contar cunha Galicia máis competitiva, o apoio financeiro da Administración autonómica ao tecido empresarial leva permitido, desde 2014, a mobilización de 1371 millóns e o impulso de máis de 12.500 proxectos, máis de 6 ao día. Do total do financiamento achegado neste período, 9,4 de cada dez euros corresponden a iniciativas de autónomos e pequenas e medianas empresas.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as convocatorias de Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios, cuxo prazo de solicitude se manterá aberto ata o 30 de marzo. Estas apoios súmanse ao novidoso programa Galicia Exporta Dixital que permitirá ás pemes avanzar nos seus procesos de internacionalización a través de ferramentas innovadoras. O obxectivo deste paquete de axudas é promover a proxección internacional de 1200 compañías e apoiar a diversificación de mercados. De continuar a tendencia actual, en 2019 o total das vendas galegas ao exterior superará os 21.000 millóns de euros, cifra que se logrou por vez primeira en 2017.