Actualidade

A Xunta destina 2,5 M€ á convocatoria do programa de bolseiros do Igape, dirixido a titulados universitarios ou en FP que poderán formarse en diferentes destinos mundiais e mellorar a súa empregabilidade, ao tempo que se potencia a competitividade do tecido produtivo. Esta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria beneficiou desde a súa posta en marcha a 329 profesionais, que colaboraron na promoción exterior das empresas galegas desde mercados como Filipinas, Canadá, Estados Unidos, China, Australia, Corea do Sur ou Emiratos Árabes.

A quinta convocatoria do coworking promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Escola de Organización Industrial (EOI) comeza a súa actividade no CIS Galicia. Os participantes desenvolverán, entre outros, proxectos de enerxías renovables, deseño e comunicación, moda sostible e servizos de formación e asesoramento.

Nos próximos días tamén darán comezo as accións de formación e asesoramento do resto dos dez espazos apoiados pola Xunta en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI).

O director do Igape, Juan Cividanes, visita as instalacións de Corvus Belli, que aposta por incorporar novos titulados para desenvolver proxectos de mellora e avanzar en internacionalización. Informa da nova convocatoria de axudas do programa Maquinaria 4.0, unha das novas liñas activadas en 2020 no marco da Axenda Industria 4.0.

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria da cuarta edición das axudas para proxectos da Industria 4.0, coa que se apoiarán ata seis novas iniciativas colectivas para implantar a fábrica intelixente en sectores estratéxicos da economía galega. O prazo de solicitude das axudas, que poden acadar 1,5 millóns de euros por cada un dos plans, remata o 31 de marzo. Nas tres edicións anteriores desta actuación beneficiáronse 128 empresas, o que supuxo unha mobilización de preto de 27M en investimentos altamente tecnolóxicos. Os sectores da automoción, madeira, metal, agroalimentario, naval, aeronáutico e o granito, impulsados polos respectivos clústeres, son os que están a actuar como locomotoras da Industria 4.0 en Galicia. As tecnoloxías máis empregadas nos proxectos desenvolvidos ata a data están relacionadas coa automatización e a intercomunicación entre máquinas, seguidas das vinculadas á sensórica e a dixitalización de procesos.