O próximo venres, día 30 de outubro terá lugar en Santiago o Día do Emprendedor de Galicia, organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do IGAPE e en colaboración coa Fundación EOI, co obxectivo de impulsar a iniciativa emprendedora e a consolidación de novas empresas.
A conferencia inaugural deste evento arredor doemprendemento será impartida por EDURNE PASABAN, primeira muller enascender as 14 montañas de máis de 8.000 metros, que falará sobre as "Claves para alcanzar o éxito ante calquera reto persoal e laboral".
O Día doEmprendedor ofrecerá aos participantes un completo programa composto por varios itinerarios específicos:
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2015
Salón Actos Auditorio Biblioteca - Cidade da Cultura
PROGRAMA
11:00 h INAUGURACIÓN XORNADA
11:30 h PONENCIA: ALTERNATIVAS DE FINANCIAMENTO PARA AS PEMES
12:00 h MESA: OPORTUNIDADES DE FINANCIAMENTO PARA AS PEMES GALEGAS. CASOS DE ÉXITO
Modera: Luis Cerviño Pernas, Director Área Financiamento Igape
13:00 h PECHE DA XORNADA
13:30 h VIÑO GALEGO
Máis información: 900 81 51 51
A Rede de Plataformas Empresariales no Exterior de Galicia (Pexga) organiza este mes un novo encontro empresarial cos directores das oficinas dos oito países nos que conta cunha delegación: Brasil, China, Colombia, Estados Unidos, Marrocos, México, Reino Unido e Rusia. As xornadas, que teñen un carácter eminentemente práctico, desenvolveranse entre o 13 e o 16 de outubro e están dirixidas a todo o tecido productivo galego..
O venres, día 16 de outubro, na sede de Afundación, desenvolverase a Xornada Galicia Emprende impulsada polo Igape en colaboración coa Escuela de Organización Industrial e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, co obxectivo de impulsar a iniciativa emprendedora e a consolidación de novos proxectos empresariais.
Os emprendedores poderán asesorarse en marketing, finanzas e estratexia empresarial e internacional, así como grabar en vídeo os seus proxectos. Realizaranse ademais talleres de comunicación do plan de negocio e de coaching.
Por outra banda, terá lugar unha charla de financiamento e unha mesa redonda con experiencias de emprendedores.
A xornada forma parte dun ciclo de encontros arredor do emprendemento que se se pechará en Santiago de Compostela nun un Foro de Emprendemento en Santiago.
Programa xornada Vigo
Inscrición (gratuíta)
O venres, día 9 de outubro, na sede da Fundación Barrie, desenvolverase a Xornada Galicia Emprende, impulsada polo Igape en colaboración coa Escuela de Organización Industrial e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, co obxectivo de impulsar a iniciativa emprendedora e a consolidación de novos proxectos empresariais.
Os emprendedores poderán asesorarse en marketing, finanzas e estratexia empresarial e internacional, así como grabar en vídeo os seus proxectos. Realizaranse ademais talleres de comunicación do plan de negocio e de coaching.
Por outra banda, terá lugar unha charla de financiamento e unha mesa redonda con experiencias de emprendedores.
A xornada forma parte dun ciclo de encontros arredor do emprendemento que, cuio próximo evento celebrarase en Vigo e nun Foro de Emprendemento en Santiago.
Programa xornada A Coruña
Inscrición (gratuíta)
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), xunto coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e BICMINHO, e baixo o marco do proxecto POCTEP ACEint, organiza unha xornada, o próximo 2 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela, co obxectivo de favorecer encontros bilaterais entre empresas e entidades galegas e portuguesas enmarcadas no sector tecnolóxico.
Se a túa empresa pertence ao sector tecnolóxico e quere darse a coñecer noutros sectores, este é o teu evento.
Data: 2 de outubro de 2015
Hora: de 11:00 a 17:15 h
Lugar: Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
O programa da xornada é o seguinte:
Tanto se queres realizar unha presentación do teu produto/servizo/proxecto en formato pecha-kucha, como se queres formar parte dun encontro bilateral con outra empresa/entidade, ou simplemente asistir e escoitar, é necesario que cubras o formulario de inscrición.
A entrada e participación é de balde.
O xoves, día 1 de outubro, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, desenvolverase a Xornada Galicia Emprende, impulsada polo Igape en colaboración coa Escuela de Organización Industrial e cofinanciada polo Fondo Social Europeo,co obxectivo de impulsar a iniciativa emprendedora e a consolidación de novos proxectos empresariais.
Os emprendedores poderán asesorarse en marketing, finanzas e estratexia empresarial e internacional, así como grabar en vídeo os seus proxectos. Realizaranse ademais talleres de comunicación do plan de negocio e de coaching.
Por outra banda, terá lugar unha charla de financiamento e unha mesa redonda con experiencias de emprendedores.
A xornada forma parte dun ciclo de encontros arredor do emprendemento que se celebrarán tamén, durante as próximas semanas, en A Coruña e Vigo, así como un Foro de Emprendemento en Santiago.
Programa xornada Lugo
Inscrición (gratuíta)
O IGAPE inicia os primeiros dunha serie de programas de inmersión en inglés, relacionados coa internacionalización empresarial.
“A segunda fase de selección faráse cos inscritos ata o 9 de setembro de 2016”
Tipo de formación: presencial en grupos reducidos dun máximo de 10 persoas, en fin de semana (sábado e domingo) incluído manutención e aloxamento.
Duración dos cursos ofertados e número de prazas:
Mércores, 23 de setembro de 2015 ás 10:00 horas
Museo do Mar, Vigo (Pontevedra)
O Proxecto ENTIC, www.entic.eu enmárcase na iniciativa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea no que participan 9 socios, liderados polo IGAPE. ENTIC ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento e a incorporación ás pemes de medidas de eficiencia enerxética apoiadas en solucións TIC como factor de competitividade.
Nesta xornada de peche:
1.- Presentaránse os resultados do proxecto
2.- Falarase das oportunidades que trerá consigo o novo periodo de programación FEDER 2014-2020
3.- Contarase coa participación de D. Jorge Morales de Labra, experto no sector que ten promovido e dirixido empresas con presencia en todas as ramas do sector eléctrico: dende a producción ata a venda ao consumidor final pasando pola xestión de redes e que falará sobre a importancia do deseño da tarifa eléctrica no aforro e eficiencia enerxéticos e o papel do autoconsumo.
4.- Finalmente terá lugar un debate coa participación dos clústeres galegos do sector enerxético máis representativos.
Asistencia gratuíta - aforamento limitado.