O xoves, día 1 de outubro, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, desenvolverase a Xornada Galicia Emprende, impulsada polo Igape en colaboración coa Escuela de Organización Industrial e cofinanciada polo Fondo Social Europeo,co obxectivo de impulsar a iniciativa emprendedora e a consolidación de novos proxectos empresariais.
Os emprendedores poderán asesorarse en marketing, finanzas e estratexia empresarial e internacional, así como grabar en vídeo os seus proxectos. Realizaranse ademais talleres de comunicación do plan de negocio e de coaching.
Por outra banda, terá lugar unha charla de financiamento e unha mesa redonda con experiencias de emprendedores.
A xornada forma parte dun ciclo de encontros arredor do emprendemento que se celebrarán tamén, durante as próximas semanas, en A Coruña e Vigo, así como un Foro de Emprendemento en Santiago.
Programa xornada Lugo
Inscrición (gratuíta)