Luns, 23 Marzo 2015 12:34

Xornada de presentación do Programa piloto de Profesionalización de Centros Especiais de Emprego

Escrito por 

Lugar: Salon de actos do Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, 107 - Santiago de Compostela)

http://www.edu.xunta.es/mupega/taxonomy/term/14  

Data: 8 de abril de 2015

Horario: de 10.00 a 12.00

Para inscribirse debe vostede rexistrarse como usuario desta páxina.

A Consellería de Economía e Industria a través do IGAPE e máis a Consellería de Traballo e Benestar, van poñer en marcha nas próximas semanas un programa piloto de profesionalización dirixido especialmente aos centros especiais de emprego.

A iniciativa xurde dentro da colaboración que ambas entidades están a manter dentro da “rede EuSumo” de cooperativismo e economía social, e está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o IGAPE.

O obxectivo é poñer en funcionamento un servizo de formación-acción en 11 Centros Especiais de Emprego co fin de mellorar a súa competitividade a través da profesionalización dos seus equipos de xestión. Dito servizo terá unha duración de 5 a 6 meses e a participación será gratuíta para os centros seleccionados.

Co fin de dar a coñecer a iniciativa en profundidade, e invitar á participación dos Centros Especiais de Emprego interesados, invitámoslle a participar na xornada que terá lugar o próximo 8 de abril no Salón de Actos do Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, 107, Santiago de Compostela) co seguinte programa:

  • 10:00   Recepción de asistentes
  • 10:15   Presentación do programa
    • Carme Bouso Montero, directora xeral de traballo e economía social
    • Javier Aguilera Navarro, director xeral do IGAPE
  • 10:45   Descrición detallada do servizo
    • Gerardo Estévez Suárez, director xeral da empresa “Dirección por Implicación”
  • 11:30   Coloquio
Leer 88659 veces Modificado por última vez en Luns, 23 Marzo 2015 16:09

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios