Vacia (136)

A Xunta de Galicia, a través do IGAPE (Área de Internacionalización) en colaboración coa Cámara de comercio da Coruña, ANFACO, o Consello Regulador da D.O. Rias Baixas e o Consello Regulador da D.O. do Ribeiro traballan na participación agrupada de Galicia na Feira EXPO ANTAD & ALIMENTARIA MEXICO, referente da industria de alimentos e bebidas do mercado de México é porta de acceso ao continente americano, que se celebra no recinto feiral Expo Guadalajara- Mexico do 5 ao 7 de marzo de 2019.

Convocatoria FOEXGA da Participación agrupada de Galicia na Feria Expo ANTAD. Cámara de Comercio de A Coruña Tlf.: 981 216 074. 

Co obxecto de ofrecerlle información de primeira mán sobre a importancia da Feira así como das especificidades  da loxística do producto agroalimentario galego con México invitámolo a participar nesta xornada.

Data: 15 de novembro de 2018
Lugar: IGAPE. Complexo administrativo San Lazaro s/n.
Horario: 10.00 - 12.00

Inscrición gratuíta

Programa

Hotel Puerta del Camino, Santiago de Compostela - 5/11/2018, ás 10 h

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, activa unha consulta para coñecer a demanda que as infraestruturas colaborativas de apoio industrial teñen entre o tecido produtivo galego. A invitación, aberta a todas as empresas e asociacións empresariais galegas, así como aos demais operadores económicos, ten como obxectivo a posta en marcha dunha liña de axudas que permita impulsar este tipo de centros e instalacións industriais.

Para ofrecer información detallada desta iniciativa, o próximo luns 5 de novembro terá lugar un taller de presentación en Santiago de Compostela. Ademais de coñecer polo miúdo a quen vai dirixida a convocatoria e que infraestruturas se poden propor, os participantes na xornada disporán de información sobre o programa de actuacións previsto pola Xunta de Galicia para desenvolver este proxecto de apoio industrial.

[Máis información do taller]
Inscricións: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Invitación para a manifestación de interese sobre a liña de axudas [Resolución DOG]

O próximo xoves, 4 de outubro nas instalacións da Confederación de Empresarios de Pontevedra,  a Asociación de Empresarios de Tecnoloxía de Galicia-INEO- organiza o segundo obradoiro de dixitalización industria 4.0, esta vez coa temática: "BLOCKCHAIN APLICADO Á LOXÍSTICA, A EFICIENCIA ENERXÉTICA E Á AUTOMOCIÓN".

[Máis información]

Inscricións: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O próximo mes de novembro a Universidade Corporativa CEAGA poñerá en marcha a segunda edición do programa formativo "La transformación de la logística en un entorno de Industria 4.0". Este programa ten por obxectivos manter aos profesionais da loxística ao corrente das transformacións, tendencias e tecnoloxías emerxentes no ámbito da industria 4.0, achegarlles coñecementos e ferramentas que lles axuden a tomar decisións e proporcionarlles un foro no que teñan oportunidade de compartir as súas experiencias, retos e boas prácticas no contexto da industria avanzada, e máis concretamente da Loxística 4.0

Para máis información:  [Programa]

O Emprego do Futuro

Xoves, 20 Setembro 2018 12:10 Escrito por

O Emprego do Futuro

Salón de Convencións do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela - 2 de outubro de 2018, ás 10.00 horas

PRESENTACIÓN

A transformación dixital e a revolución tecnolóxica están transformando a economía e con ela tamén o mercado laboral.

A Xunta de Galicia pon en marcha o Programa O EMPREGO DO FUTURO para a identificación das necesidades dos sectores económicos e a capacitación e a adaptación do talento.

Con este novo programa analizaranse os novos perfís profesionais que demanda a Industria 4.0 detectando competencias e capacidades co obxecto de elaborar o catálogo de accións formativas do Emprego do futuro.

Pode consultar o programa e inscribirse na seguinte ligazón
 
Esperamos que sexa do seu interese.

 

Taller de Axudas á Dixitalización Industria 4.0

Auditorio Biblioteca – Cidade da Cultura – Santiago de Compostela - 6/9/2018 de 09.30 a 12.00 horas 

As Axudas á Dixitalización Industria 4.0 representan unha oportunidade para as empresas galegas de obter financiamento para proxectos que melloren as súas capacidades tecnolóxicas. Durante o ano 2018 convocáronse dous prazos de presentación: ata o 15 de marzo e ata o 21 de setembro. O sector TIC de Galicia está chamado a aproveitar estas axudas para impulsar proxectos cos seus clientes, e poderá contrastar co IGAPE as ideas de proxecto e recibir información derivada da experiencia do primeiro prazo (xa resolto).
 
Dirixido a: profesionais de empresas do sector TIC interesadas en propor proxectos aos seus clientes con apoio público, profesionais de empresas doutros sectores que vaian abordar proxectos de dixitalización
 
Inscricións: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 

Obradoiro dixitalización ASIME

Venres, 27 Xullo 2018 12:37 Escrito por

GRUPO DE TRABALLO INDUSTRIA DAS ENERXÍAS MARIÑAS

O próximo 31 de xullo terá lugar na sé de ASIME, sita en Vigo, na rúa Doutor Corbal nº 51, o primeiro obradoiro de dixitalización da industria das enerxías mariñas, organizado por esa Asociación con apoio dol Igape.

  • 13:00 - Presentación
  • 13:20 - Dinámica de grupo
  • 14:30 - Networking-viño español

[ Descargar programa ]

[ Inscripciones ]

 

 

DESCUBRINDO BIND 4.0

Luns, 23 Xullo 2018 13:32 Escrito por

Aceleradora de startups que ofrece acceso a clientes de alto nivel da Industria 4.0

Santiago, 30 de xullo de 2018

AC Palacio del Carmen | Oblatas, s/n

Bind 4.0 é un programa de aceleración público-privado ubicado no País Vasco. Bind 4.0 está dirixido ás mellores startups con solucións baseadas en tecnoloxías da industria 4.0 e aplicadas aos campos da fabricación avanzada, enerxía e saúde. O programa ofrece os mellores servizos de soporte e garantiza o desenvolvemento de proxectos con empresas tractoras con presenza no País Vasco como Mercedes-Benz Vitoria, ABB, Bridgestone, Iberdrola, Repsol-Petronor, Michelin e Danobat Group. Este innovador programa impulsa a inmersión de startups internacionais nun dos ecosistemas industriais máis vibrantes de Europa, promovendo sinerxías e facturación real con grandes empresas industriais.

Na última edición do programa, recibíronse 385 start-up candidatas novas de 57 países diferentes. Finalmente, 27 startups foron seleccionadas por 24 empresas colaboradoras para executar 40 proxectos da industria 4.0.

Ademáis de ofrecer un contrato cunha das principais empresas industriais vascas para o desenvolvemento dun proxecto baseado en tecnoloxías4.0, tamén ofrece colaboración tecnolóxica con Google, Siemens, Amazon e Microsoft.

Horario 
11:00 - 11:15

Presentación de apoio ao emprendemento en Galicia

  • Juan Cividanes, director xeral IGAPE
11:15 - 11:45

Presentación inicial do Programa Acelerador Bind 4.0

  • Equipo BIND 4.0 (Amaia Martínez, SPRI)
11:45 - 12:15

Mesa redonda con participantes de edicións anteriores

  • Empresa tractora (Euskaltel-R, Alberto Costas Ramos)
  • Startup (Tedcas, Jesús Pérez-Llano. Strategic Alliances & Business Developer)
  • Startup (Cin Advanced Systems, Txema Gallego. Director General

 

Moderador: Norberto Penedo, director área Competitividade IGAPE

12:15 - 12:30 Quenda de preguntas
12:30 - 13:00 Viño galego / networking

 

[ Descargar programa ]

Confirmación asistencia: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   Máis información:981 541 154

OBRADOIRO DE DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0

O vindeiro 27 de xullo terá lugar a primeira sesión do obradoiro de dixitalización sobre Automatización dos procesos de Certificación de Xestión Forestal e Cadea de Custodia baixo os Sistemas FSC e PEFC organizado pola Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo co apoio do Igape.

O lugar de celebración será na sé da CEL en Lugo, sita na Praza de Santo Domingo, 6-8, 2º piso 

[ Descargar programa ]

[ Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ]

 

Obradoiro dixitalización ASIME

Venres, 20 Xullo 2018 10:37 Escrito por

GRUPO DE TRABALLO INDUSTRIA AERONÁUTICA E ESPACIAL

O vindeiro 24 de xullo terá lugar na sé de ASIME, sita en Vigo, na rúa Doutor Corbal núm. 51, o primeiro obradoiro de dixitalización da industria aeronáutica e espacial, organizado por esa Asociación co apoio do Igape.

  • 13:00 - Presentación
  • 13:20 - Dinámica de grupo
  • 14:30 - Networking - viño español

[ Descargar programa ]

[ Inscricións ]