Formación en Design Thinking
Obxectivo xeral
Presentar as características do movemento maker, a cultura da colaboración e a innovación aberta, transmitindo algunhas das ferramentas e metodoloxías máis avanzadas a nivel mundial para innovar como o Design Thinking. Dun modo fundamentalmente práctico, trasladaranse aos participantes as ferramentas nos campos da creatividade, a innovación, a comunicación, e a análise do usuario e a intelixencia emocional.
Obxectivos específicos
- Coñecer e comprender qué é o movemento maker
- Coñecer e comprender qué é a cultura da colaboración
- Coñecer e comprender qué é a innovación aberta
- Identificar os factores clave para innovar
- Desenvolver a capacidade de búsqueda de áreas de mellora.
- Coñecer e aplicar as principais técnicas de análise do usuario/empleado/cliente
- Coñecer e aplicar as principais técnicas de creatividade
- Coñecer e integrar o Design Thinking como ferramenta para a innovación
- Integrar o feedback como ferramienta de mellora continua
- Coñecer e aplicar as principais técnicas para o testeo de produtos ou servizos
A formación estará impartida pola empresa DESIGN THINKERS & MAKERS, S.L., e divídese en 3 partes, a primeira a nivel básico, onde se transmiten conceptos xerais sobre innovación e Design Thinking, a segunda a nivel avanzado, donde a través da metodoloxía se traballa sobre un caso real e a terceira onde se testean as innovacións realizadas para poder melloralas.
Destinatarios da formación
Profesionais en activo en empresas galegas ou con centro de traballo en Galicia.
Prazas: 15 en cada edición
Prazo de solicitude: Ata 3 días antes do comezo de cada acción formativa.
Datas e lugar de impartición
- 10, 17 e 24 de febreiro . En Santiago de Compostela de 9:00 a 15:00h
- 3, 10 e 17 de marzo - En Vigo de 9:00 a 15:00 h
- 24 de marzo, 7 e 14 de abril - En Ferrol de 9:00 a 15:00h
Localidade e infraestruturas
- Santiago: Designthinking, Rúa do Tambre, 61, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
- Vigo: Localización pendente de concretar
- Ferrol: Localización pendente de concretar
http://designthinking.gal
Listados de admitidos
Listado de admitidos ao curso Design Thinking edición Ferrol
Listado de admitidos ao curso Design Thinking edición Santiago de Compostela
Listado de admitidos ao curso Design Thinking edición Vigo
Criterios de selección:
- Orden de inscrición
- No caso de que se inscriban máis solicitantes que prazas ofertadas decidirase segundo a meirande relación do curso coas funcións do posto de traballo segundo a descrición da folla de inscrición.
- Darase preferencia a unha persoa por empresa
A lista de alumnos admitidos publicarase en en www.igape.es/es/xornadas ao día seguinte ao peche do prazo de inscrición.
Para consultas relacionadas con programa: 981 541 118 ou no correo
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O custo do curso é asumido polo Igape e cofinanciado polo FSE nun 80%, sendo gratuito para os alumnos participantes. Os custes de manuteción e aloxamento serán por conta do alumno.