Concesións das subvencións aos/ás traballadores/as excedentes do sector téxtil e da confección con motivo dos cambios estruturais no comercio mundial,así como o establecemento de axudas especiais a aqueles traballadores de 55 ou máis anos que teñan
problemas para encontrar emprego, e abrir a convocatoria para o ano 2010.
Subvención directa
Os/as traballadores/as que reúnan os requisitos que se especifican no artigo 5º desta orde, que sexan excedentes de empresas que realizan actividades industriais do sector téxtil e da confección ás cales se lles aplique o Convenio colectivo xeneral de traballo da industria téxtil e da confección ou que estean encadradas nas epígrafes 17, 18.1 ou 18.2 da Clasificación Nacional de Actividades Económicas.
Sector téxtil e da confección
As subvencións reguladas nesta orde son as seguintes:
- Subvencións durante o proceso de busca de emprego
-Subvencións para facilitar a mobilidade xeográfica
-Subvencións para facilitar a inserción laboral dos/as traballadores/que tivesen 52 ou máis anos o 25 de xaneiro de 2008.
- Subvencións especiais para os/as traballadores/as que tivesen 55 anos de idade o 1 de xuño de 2007.
-Subvencións para promocionar a ocupación autónoma
-Os traballadores que participen en accións de orientación, preferentemente a través de grupos de busca de emprego ou accións similares, que en todo caso deberán ser titorizadas por orientadores profesionais, recibirán durante o tempo que permanezan incluídos nas anteditas accións unha subvención de 350 euros por mes, ou a parte proporcional por períodos inferiores, durante un período máximo de tres meses. Cando os traballadores teñan 55 ou máis anos, o período máximo de percepción da subvención será de 6 meses.
-Os traballadores/as que asistan a cursos de formación terán dereito a unha bolsa por asistencia de 10 euros por día lectivo ata a finalización do curso.
-Cando a base de cotización do novo contrato do traballador excedente sexa inferior á do seu último contrato no sector téxtil e da confección, o traballador terá dereito a percibir por meses unha contía equivalente á diferenza entre ambas as bases de cotización, por un importe máximo de 500 euros/mes. e durante o tempo máximo de dezaoito meses.
-Cando a base de cotización resultante do novo contrato do traballador excedente sexa inferior á do último contrato no sector téxtil e da confección, o traballador terá dereito a percibir por meses unha contía equivalente á diferenza entre ambas as bases de cotización, por un importe máximo de 500 euros/mes e durante un tempo máximo de vinte e catro meses.
-Para os traballadores de 55 ou máis anos a contía da subvención será de 3.000 euros anuais, rateándose os períodos inferiores, e percibiranse desde que o traballador extinga por esgotamento a prestación por desemprego de nivel contributivo,debendo transcorrer en todo caso dous anos desde a extinción do contrato de traballo, e como máximo ata que cumpra os 61 anos.Os/as traballadores/as que non pudiesen ser recolocados nun prazo de 24 meses desde o esgotamento da prestación por desemprego de nivel contributivo, verán incrementada a contía desta subvención en 2.500 euros anuais ata que cumpran os 61 anos.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte o da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos tres meses da súa publicación.
O importe das axudas concedidas en ningún caso pode ser dunha contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que debe desenvolver a persoa beneficiaria.
Orden do 22 de xullo de 2010 (DOG Nº149 do 5/08/2010)-Convocatoria
-As solicitudes de subvención débenas presentar os/as traballadores/as afectados/as ou os seus representantes legais, segundo modelo normalizado e coa documentación que se indica nelas, e débense dirixir á Dirección Xeral de Promoción do Emprego para as subvencións recollidas no artigo 10 e á Dirección Xeral de Formación e Colocación para as demais axudas.
Débense presentar no Rexistro da Consellería de Traballo e Benestar, sen prexuízo do que establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
-A resolución emitirase no prazo de tres meses contados desde a data de presentación da solicitude.
-No caso de que a persoa beneficiaria empece a traballar, pagarase a parte proporcional que corresponda ata o día anterior ao comezo do traballo.