O prazo de presentación finalizou o 30/06/2009

PROGRAMA DE INCENTIVOS A PLANS EMPRESARIAIS DE ESTABILIDADE LABORAL (TR345B)

Finalidade / Obxectivo

Fomentar a creación e consolidación do emprego fixo e de calidade a través do estímulo e apoio ao cambio estrutural dos cadros de persoal das empresas cara a un maior nivel de estabilidade, realizado como consecuencia de plans empresariais de estabilidade laboral.

Tipos de apoio

Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas, iniciais ou por transformación de contratos temporais, que se realicen no período comprendido entre o 1 de outubro de 2008 e o 30 de setembro de 2009.
As ditas contratacións serán subvencionables cando, no seu conxunto, acaden como mínimo os seguintes resultados:
- Un incremento de, como mínimo, 5 puntos da taxa de estabilidade do cadro de persoal da empresa en Galicia respecto da media acadada no período comprendido entre o 1 de outubro 2007 e o 30 de setembro 2008, nos sectores de actividade non vinculados a acordo sectorial.
- Incremento do emprego fixo respecto do período de referencia.
- Incremento neto do emprego total respecto do período de referencia, no suposto de contratacións indefinidas iniciais.
- En ningún caso as contratacións indefinidas realizadas poderán implicar unha diminución da totalidade do cadro de persoal no período de referencia.

Beneficiarios potenciais

Empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que contraten traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos e de acordo cos requisitos e condicións establecidos na orde de convocatoria.

Sectores incentivables

Requisitos principais do proxecto

Definición dos plans empresariais de estabilidade laboral

1.- Plans empresariais vinculados a acordos sobre a taxa sectorial de estabilidade. Son aqueles que tendo a súa orixe nun acordo sobre a taxa sectorial de estabilidade, segundo o establecido na orde do 16 de decembro de 2008, pola que se establece o procedemento e os requisitos para acadar os acordos sobre a taxa de estabilidade en sectores productivos, convenios colectivos sectoriais e de empresa, acaden as taxas de estabilidade mínimas previstas no propio acordo sectorial.
2.- Plans empresariais de estabilidade non vinculados a acordos sobre a taxa sectorial de estabilidade. Son os que elaboran as empresas pertencentes a sectores de actividade nos que non existe acordo sectorial sobre a taxa de estabilidade, debendo acadar como mínimo, unha taxa de estabilidade do 75%.

Investimentos ou gastos computables

Accións subvencionables

a) Contratacións indefinidas iniciais realizadas con traballadores desempregados e inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.
b) Transformacións en indefinidos de contratos temporais celebrados con anterioridade á entrada en vigor da orde de convocatoria, calquera que sexa a modalidade obxecto de transformación. A limitación temporal anterior non será de aplicación nos seguintes supostos:
Cando se trate da transformación de contratos formativos, de revezamento, de substitución por anticipación da idade de xubilación ou de interinidade.

Contía das axudas

Tipos de axuda

Os incentivos determinaranse en atención á taxa de estabilidade laboral que se acade como consecuencia das contratacións realizadas no período de referencia, e segundo se trate dunha contratación inicial ou de conversións de contratos temporais en indefinidos, de acordo co seguinte:
1. Plans empresariais de estabilidade vinculados a acordos sobre a taxa sectorial de estabilidade
a) Contratacións indefinidas realizadas para acadar a taxa de estabilidade mínima que estableza o acordo sectorial e ata a dita taxa incrementada nun 50% da diferenza entre a taxa de estabilidade mínima e a taxa de estabilidade inicial:
a.1) As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 3.000 euros, incrementándose a 3.750 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.
a.2) As transformacións de contratos temporais en indefinidos incentivaranse cunha axuda de 2.500 euros, incrementándose a 3.250 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.
b) Contratacións indefinidas coas que se acade una taxa de estabilidade superior á taxa de estabilidade mínima incrementada nun 50% da diferenza entre a taxa de estabilidade mínima e a taxa de estabilidade inicial.
b.1.) As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de de 4.500 euros, incrementándose a 5.500 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.
b.2.) As transformacións de contratos temporais en indefinidos incentivaranse cunha axuda de 3.750 euros, incrementándose a 4.500 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.
Estas contías incrementaranse nun 50% cando as contratacións as realicen microempresas.
2.-Plans empresariais de estabilidade non vinculados a acordos sobre a taxa sectorial de estabilidade:
a) Taxa de estabilidade acadada do 75% e ata o 90%:
a.1) As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 3.000 euros, incrementándose a 3.750 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.
a.2) As transformacións de contratos temporais en indefinidos incentivaranse cunha axuda de 2.500 euros, incrementándose a 3.250 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.
b) Taxa de estabilidade acadada de mais do 90%:
b.1) As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de de 4.500 euros, incrementándose a 5.500 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.
b.2) As transformacións de contratos temporais en indefinidos incentivaranse cunha axuda de 3.750 euros, incrementándose a 4.500 euros cando as contratacións se realicen con mulleres.
Estas contías incrementaranse nun 50% cando as contratacións as realicen microempresas.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes de incentivos acollidos a esta orde rematará o 30 de xuño de 2009, debendo estar todas as contratacións realizadas o 30 de setembro de 2009.

Referencia lexislativa

Orde do 30 de decembro de 2008 (DOG Nº15 do 15/01/2009) - Bases reguladoras

Información e tramitación en

Dirección Xeral de Promoción do emprego - Consellería de Traballo
Teléfono: 981 54 56 12 / 981 54 47 21 / 981 95 77 31