O prazo de presentación finalizou o 30/09/2016

AXUDAS PARA O FOMENTO DAS TRANSFORMACIÓNS DOS CONTRATOS TEMPORAIS EN INDEFINIDOS (TR349C)

Finalidade / Obxectivo

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as transformacións en indefinidos dos contratos temporais de prácticas, para a formación e a aprendizaxe, de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación realizadas desde o día 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de setembro de 2016.

Para os efectos deste programa a transformación do contrato temporal en indefinido deberá producirse ao remate da duración inicial do contrato temporal.

Beneficiarios potenciais

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e Unións Temporais de Empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de Unións Temporais de Empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.

Sectores incentivables

Todos

Requisitos principais do proxecto

1. Como consecuencia da contratación indefinida pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación pola cal se solicita subvención.
No caso de que algún dos 3 meses anteriores á contratación pola cal se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.
Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo non se computarán ás persoas traballadoras fixas cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

2. No se incentivará a transformación dos contratos temporais en indefinidos sempre que transcorresen máis de 24 meses desde a súa celebración inicial, agás aquelas modalidades temporais cuxa normativa permita unha duración superior a este prazo, computándose todas as modalidades contractuais celebradas sen ruptura de continuidade.

3. No caso de transformacións de contratos temporais a tempo completo, a xornada do novo contrato indefinido será a tempo completo (excepto as transformacións de contratos temporais en indefinidos na súa modalidade de fixo-descontinuo, que poderá ter unha duración inferior á xornada a tempo completo en cómputo anual).
Nos supostos de de contratos temporais a tempo parcial, a xornada do novo contrato indefinido deberá ser, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.

4. As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

Cualificación requerida do proxecto

Investimentos ou gastos computables

-Transformacións en indefinidos, incluídos os que se acorden pola modalidade de fixos-discontinuos, de contratos para a formación, en prácticas, de revezamento, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade, calquera que sexa a súa data de celebración, sempre que a transformación se realice nas datas comprendidas entre o 16 de setembro e o 31 de decembro do ano 2006.
-Transformacións de contratos temporais de duración determinada non incluídos no parágrafo anterior sempre que sexan celebrados con anterioridade ao 16 de setembro do ano 2006, sempre que a transformación se realice nas datas comprendidas entre o 16 de setembro e o 31 de decembro do ano 2006.

Contía das axudas

Os incentivos determinaranse en base a idade do traballador contratado, ao tipo de contrato e ao incremento da taxa de estabilidade que acade a empresa de acordo co seguinte:
1. As transformacións de contratos temporais en indefinidos, subvencionaranse coas seguintes contías:
-As transformacións en indefinidos de contratos temporais de interinidade, formativos, de revezamento, e de substitución por anticipación da idade de xubilación, de obra ou servizo ou eventual por circunstancias da produción, incentivaranse cunha axuda de ata 2.000 euros, incrementándose ata 2.500 euros cando as ditas transformacións se realicen con mulleres.
Estes incentivos acadarán a contía de ata 3.000 euros incrementándose ata 3.500 euros cando se realicen con mulleres, no caso que a taxa de estabilidade se incremente en 3 puntos ou mais.

2. As transformacións de contratos temporais en indefinidos realizadas con traballadores que no momento da contratación temporal obxecto da transformación foran menores de 30 anos, subvencionaranse coas seguintes contías de acordo ao seguinte:
-As transformacións en indefinidos de contratos temporais de obra ou servizo determinado ou eventual por circunstancias da produción, incentivaranse cunha axuda de ata 2.000 euros, incrementándose ata 4.000 euros cando as ditas transformacións se realicen con mulleres.
-As transformacións en indefinidos de contratos formativos ou de interinidade, incentivaranse cunha axuda de ata 3.750 euros, incrementándose ata 6.000 euros cando as ditas transformacións se realicen con mulleres.
-As transformacións en indefinidos de contratos de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación, incentivaranse cunha axuda de ata 4.750 euros, incrementándose ata 7.500 euros cando as ditas transformacións se realicen con mulleres.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 28 de febreiro de 2007.

Incompatibilidades

As subvencións previstas nesta orde para as contratacións por conta allea serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. As ditas axudas son compatibles coas bonificacións á Seguridade Social recollidas no Real decreto-lei 5/2006, do 9 de xuño, para a mellora do crecemento e do emprego.

Referencia lexislativa

Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG Nº133 do 14/07/2016) - Bases reguladoras

Información e tramitación en

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña
15008 A CORUÑA
Teléfono: 881881582 / 981185893 Fax: 981881581

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO
Ronda da Muralla nº 70 baixo
27071 LUGO
Teléfono: 982294385 Fax: 982294258


XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32071 OURENSE
Teléfono: 988386196 / 988386839 Fax: 988386838


XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36201 VIGO
Teléfono: 986817008 / 986817016 Fax: 986817010